O pasado domingo 23, o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, desprazouse os Montes da Fragavella (Concellos de Mondoñedo e Abadín), para facer unha das Rutas de Montaña máis bonitas que temos na Mariña, a Ruta: Pena Montol – Fragavella. Esta ruta de preto de 14 km. percorre a parte media da Serra do Xistral, por zonas de vexetación totalmente autóctona (piñeiros, acivros, carballos….) A Fragavella é moi coñecida polos recolectores de cogomelos, pois produce gran cantidade e variedade. Nestes montes existe unha finca propiedade da Xunta de Galicia, na que se crían e recrían cervos e tamén de vacas cachenas, así como as antigas instalacións dunha empresa xaponesa que se dedicaba á producción de setas para o consumo oriental, na década dos anos oitenta.






















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



