A Delegación Municipal de Cultura do Concello de Burela e a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, dentro do programa, Proxecto Teatral Buxiganga presenta, ao grupo de Teatro ACHÁDEGO de Lugo, coa obra “O barco sen mariñeiro” de Alejandro Casona e baixo a dirección de Antón Sampaio, que representarán en Burela o vindeiro sábado, 29 de outubro, ás 19.30 horas. A entrada será libre e para tódolos públicos.
Achádego Teatro nace no ano 1988 coa montaxe “A dobre historia do Doutor Valmy”, de Buero Vallejo. Desde aquela foron moitas as montaxes que levaron a escea: “Desaqueloutrados” de Alonso de Santos, “Hecyra” de Terencio, “Os simulados da caravilla” de Manuel María, “Dos arquivos do Trasno “ de Rafael Dieste, “Á lus do candil” de Anxel Fole,…entre outras. Ademais de obras en sala , tamén protagonizou este grupo distintas montaxes de rúa: “Os bandidos do mar”, “Enguedellos para o sotomundo”, “Antroido na Muralla”, “O noso é mellor”, “Os Pelúdez entre nós”, “Urbis”, “Homenaxe a Lorca”,…
“O BARCO SEN MARIÑEIRO” é unha peza estreada por Achádego en maio de 2014 no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo . Esta peza en tres actos, representada orixinalmente no Teatro Liceo de Bos Aires o 24 de agosto de 1945, asemella ser escrita na actualidade, xa que os feitos que nela se relatan responden totalmente á problemática do mundo actual. O barco sen mariñeiro enfronta dous mundos: o complicado das finanzas, feito de cálculo a artificio, e o mundo sinxelo dos mariñeiros, onde homes e mulleres evolucionan e se realizan como persoas no seu traballo en contacto directo cunha natureza que , aínda que a veces é fera , é o único ambiente posible para ser humano, que só pode ser salvado por amor.






















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



