Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:
1) Despois das queixas transmitidas por moitos veciños e constatadas personalmente por membros do noso grupo, puidemos comprobar o mal estado do asfalto – con moitos baches – de diversas pistas de acceso a vivendas dalgunhas parroquias do noso Concello como por exemplo:
– Na carretera desde o burgo do Porto á área etnográfica e deposito de bombonas de butano na Insua no barrio de Escourido (Covas).
– Na parroquia de Vieiro, no barrio de Lavandeira, así coma os seus accesos desde a Cabeceira e desde o Souto, así como no barrio de Sualavandeira e o Areal .
– Na parroquia de San Pedro a pista desde o cemiterio ata o alto de Naseiro.
– Na parroquia de Celeiro no barrio de Lavandeiras no acceso de A Costa así como na zona de acceso ás sete vivendas ( detrais da Peugeot ) frente o barrio do Chao.
– Carretera de Alboi desde Aguadoce (Area) á Casanova ( Celeiro).
– En Viveiro a rúa Jesús Noya no casco da cidade.
– En Verxeles na rúa José Illade ( fronte a Alco S.L.) donde está a Torre nº 2 na rúa do edificio Vista Alegre frente os portales A e B con baches e maleza – ó lado da barandilla -. o tempo que aproveitan os veciños para pedir a colocación da placa co nome desta rúa.
– Na zona de aparcamento entre a Cruz Vermella e o Colexio Luis Tobio.
Por todo o exposto anteriormente ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que lle poña remedio, a maior brevidade posible, a todas as deficiencias sinaladas. Asi memso que para futuras obras a realizar nas que se empregue aglomerado que se teñan en contas estas pistas de acceso a vivendas aquí mencionadas.
2) Dado que moitas parroquias do noso Concello carecen dun servizo básico como é o saneamento e nalgúns casos a outras lles falta completalo e dado que aparte da importancia deste servicio, este feito constitúe un claro exemplo de discriminación entre o rural e o casco urbano, e polo que lle ROGAMOS ó equipo de goberno local, que en colaboración con outras administracións, elabore un plan de saneamento plurianual para dar servicio a todas as parroquias deficitarias neste aspecto.



















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



