A asociación Batitales fai público o resultado do primeiro concurso de fotografía “Mondoñedo en detalles arquitectónicos” no que as imaxes tiñan que reflectir detalles arquitectónicos que formasen parte de calquera elemento da arquitectura tradicional do Concello de Mondoñedo.
No certame valorouse a estética, a técnica e o que as fotografías estivesen baseadas na temática: “A Beleza do patrimonio construído de Mondoñedo nos seus detalles arquitectónicos”.
O certame foi organizado pola asociación Batitales, en colaboración e contando co patrocinio do Concello de Mondoñedo e ACIAM.
PREMIO SERIE FOTOGRAFICA:
A serie gañadora é “As portas da Vila” de Camelia Iglesias Fernández, quedando como finalista a serie “Vixías” de Iago Anello Fórneas.
PREMIOS INDIVIDUAIS:
1º Premio: Fotografía “Rosetón” de Amalia Gorgoso Pacios
2º Premio: Fotografía “Un segundo” de María Gómez Rego
3º Premio: Fotografía “Vémoste_10” de Ester Otero González
As fotografías (organizadas por orde de chegada) que obtiveron un diploma de finalistas son:
Fotografía “sin título” de Manuel Boj Sala
Fotografía “soportales 3” de José Joaquín Milans del Bosch Jordán de Urríes
Fotografía “Detalles” de Ela Rabasco Redondo
Fotografía “Mondoñedo Branco e Negro 3” de Breogán Alamancos Millán
Fotografía “Mondoñedo Branco e Negro 5” de Breogán Alamancos Millán
Fotografía “Un raio de luz” de Paco López López
Fotografía Porta/Portae “Sacras” de Silvia Blanco Agueiro
Fotografía Porta/Portae “Sabias” de Silvia Blanco Agueiro
Fotografía “Melancolía” de Almudena Pereira Fernández
Fotografía “Rosetón 07” de Amalia Gorgoso Pacios
Fotografía “Fonte” de Valentín Insua Palacios
Fotografía “Unións” de Mónica Salgado Sueiro
Fotografía “Dende o balcón” de Camelia Iglesias Fernández
Fotografía “Outra Mirada” de Camelia Iglesias Fernández
Fotografía “As portas da vila_1” de Camelia Iglesias Fernández
Fotografía “As portas da vila_3” de Camelia Iglesias Fernández
Fotografía “As portas da vila_4” de Camelia Iglesias Fernández
Fotografía “Balcón” de Jesús Díaz Piñeiro
Fotografía “Balcón” de Jesús Díaz Piñeiro
Fotografía “Construcciones del agua” de Beatríz Benavides Vila
Fotografía “Vémoste_7” de Ester Otero González
Fotografía “Vidrio” de Sandra Castro Conde.





















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



