Un ano máis o Departamento de Educación Familiar puxo en marcha a Escola de Maiores cun total de 42 persoas anotadas. A Escola no só ten unha finalidade de acadar e reforzar coñecementos, senón tamén unha función social (fomentar as relacións sociais), psicológica (mellorar a autoestima) e de saúde (fomentar hábitos de vida saudable). Na escola tamén se aproveita para que os alumnos desenvolvan as súas potencialidades e capacidades.
A Escola está divida en 3 grupos segundo o nivel de coñecementos dos participantes:
-Un grupo para persoas que xa teñen unha certa preparación.
-Un segundo grupo intermedio para persoas con coñecementos moi básicos.
-O terceiro grupo para persoas con mínimos coñecementos.
A Escola comezou o pasado 3 de outubro e rematará as súas actividades a mediados de xuño, coas vacacións correspondentes de Nadal, Entroido e Semana Santa.
A idade dos alumnos/as está comprendida entre os 60 e os 88 anos. Esta Escola compleméntase cun taller de memoria que se realiza despois de rematado o curso, durante o mes de xullo, como acto final.
Dentro das actividades programadas, durante o ano realizan varias excursións de tipo cultural ao exterior, actividades dun día por Concellos de Galicia e Asturias. Tamén asisten a charlas e outras actividades complementarias de interese: charlas médicas, información sobre cuestións de seguridade impartidas pola Guardia Civil, etc.