O Pescados Rubén-Burela FS sumaba este sábado o seu cuarto triunfo consecutivo con contundencia fronte ao FSF Rioxa (7-2) nunha tarde con brillo goleador de Dany, con catro dianas, completadas por un dobrete de Cilene.
O guión de Vista Alegre comezou con iniciativa visitante no luminoso, cun Pescados Rubén un pouco frío na recta inicial; as de Logroño materializaron o seu primeiro gran ocasión (minuto 13) cunha transición rápida finalizada por Patri tras perda laranxa. Foi o detonante que necesitaban as de Lucas e Xullo para reaccionar e aplicar a intensidade 100% mariñá; pouco despois chegaba a igualada, en propia porta de Carmen (14), desde saque de Bea Mateos, e, en tan só un minuto, Dany deu a volta ao marcador; transcorría o minuto 15 e as burelistas xa eran donas da pista, do esférico e do marcador.
Continuou a festa futbolística con goles. Tras o perigo de Dany e Bea Mateos nos compases iniciais, o cuarto laranxa culminouno Cilene, de falta desde o bordo da área, xa no minuto 22. A meta rioxana freou o que podería ser o quinto, un balón de Elvira en corpo a corpo. Tivo entón Jozi os seus minutos de máis traballo, con eficaz resolución, ata que de novo Dany quixo volver brillar fronte á rede; en tan só un minuto, antes de chegar ao ecuador do segundo período, ampliou a brecha ata o 6-1. A precisión de Cilene volveu facer acto de presenza no 34 desde balón parado. As tímidas tentativas visitantes non conseguiron xerar perigo; tan só puido maquillar a resultado Carmen, no 35, ante unha novísima Nerea demasiado adiantada, que soubo defender a portería laranxa con eficacia na recta final da cita.
Ficha técnica
Pescados Rubén-Burela FS: Jozi, Dany, Bea Mateos, Judith, Cilene, cinco inicial; tamén xogaron Shiori, Lara, Elvira, Silvia, Sofía, Paula, Nerea
FSF Rioxa: Sandra, Cris, Gloria, Carmen, Patri, cinco inicial; tamén xogaron Carro, Ainhoa, Silvia, Nahia, Miriam
Goles: 0-1, minuto 13, Patri, 1-1, minuto 14, Carmen (pp), 2-1, minuto 14, Dany 3-1, minuto 15, Dany; 4-1, minuto 22, Cilene; 5-1, minuto 28, Dany; 6-1, minuto 29, Dany; 7-1, minuto 34, Cilene; 7-2, minuto 35, Carmen
Árbitros: Naray Álvarez, José Luis (Viveiro) // Figueroa Veiga, Adrián (Lugo). Por Pescados Rubén, amarela a Judith (minuto 3)
Incidencias: Partido da sétima xornada de Primeira División RFEF disputado en Vista Alegre ante 500 persoas. Representando á Federación Galega de Fútbol, Carlos Méndez “Negrín” fixo entrega da Copa de Liga 2015-16 ao equipo mariñán, que ofreceu á afección o trofeo, xunto ao recente galardón do Deporte Lucense de El Progreso.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
