Madrid, 5 de outubro de 2016. O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou no Congreso unha proposición non de lei que insta ao Ministerio de Fomento a emprender actuacións de mellora do mal estado das estradas de titularidade estatal que pasan pola comarca da Mariña: a N-642, a N-634 e a N-640.
Miguel Anxo Ferán Vello critica “as clamorosas deficiencias, mal estado e problemas de inseguridade vial que teñen estas estradas. Levamos anos agardando por arranxos que nunca chegan, mentras pasan os invernos e os problemas no firme empioran”. Salienta asemade o “enorme défice que padece a comarca en materia de infraestruturas”:todas elas con importantes problemas de seguridade vial debido ao deterioro do firme e outras cuestións que afectan á seguridade vial”.
Pasividade de Fomento
Miguel Anxo Fernán Vello descrebe na exposición de motivos da proposición a situación de cada un destes viais. Comeza pola a N-642, a principal vía de comunicación desta comarca que no seu tramo entre Ribadeo e Foz presenta un lamentábel estado de conservación do seu firme, “con numerosos socavóns, grietas e baches que supoñen un auténtico perigo para a circulación por unha vía moi transitada, especialmente no verán”. Destaca que as zonas máis danadas son as de Fazouro, Mañente e sobre todo a variante de Foz.
Ademis, na N-642 engádese un problema de mala visibiliade no cruce que sirve de enlace entre a parroquia de Vilaronte (Bairro das Areosas) e a N-642 á altura da coñecida como Casa de Tol. “Un cruce no que desgraciadamente se contabilizaron varios accidentes pola falla de visibilidade para incorporarse en dirección a Foz. Por iso son necesarias obras de mellora do cruce”.
No que atinxe á N-634, Miguel Anxo Fernán Vello lembra que “o remedio ía vir da A-8 porque ía substituir á vella estrada N-634, pero a meirande parte do tempo permanece pechada á circulación polo problema das espesas néboas que aínda non se resolveu. Cada vez que se pecha como en sucesivas ocacións este verán, os condutores teñen que coller a destrozada N-634, que presenta un penoso estado de mantemento”.
A N-640 “é outra das estradas que deberían ser rehabilitadas. Presenta unha calzada destrozada que en días de choiva forma bolsas de auga. É unha vía de comunicación entre Lugo, Terra Chá, A Mariña e Asturias, que precisa unha urxente mellora entre Ribadeo e Lugo, ademáis de que aínda está pendente de arranxo o anaco entre Meira e Lugo. Supoñíase que as obras ían comezar no primeiro trimestre deste ano, pero as actuacións non empezaron”.
Para o deputado de En Marea, “a provincia de Lugo en xeral, adoece dun enorme défice en materia de infraestruturas. Pero a comarca da Mariña poderíamos dicer que se leva a pior parte. Non se beneficia nin de investimentos en materia ferroviaria, lembremos que Feve está prácticamente en proceso de desmantelamento e sen investimentos, e logo as estradas estatais están como acabamos de relata”.