Vista Alegre levantará este mércores 12 de outubro o pano para estrear a esperada liga 2016-17 de Primeira División LNFS; será ás 12.00 horas. O PescadosRubén-Burela FS volverá saltar ao parqué na primeira xornada cun dos chamados a loitar cos “reis” da elite, o Palma Futsal, cuarto clasificado en 2015-16 que regresa á Bomboneira semana e media despois de proclamarse campión do cuadrangular Burela Bonita impoñéndose a Movistar Inter e Santiago Futsal.
O cadro mariñán debutará en 2016-17 mantendo o bloque da campaña pasada, co regreso ás pistas de Matamoros e cos reforzos do meta catalán Joan Miñano, procedente do Barcelona B, e do ala Raúl García ‘Cuco’, que chega do Jaén Paraíso Interior.
“Será un partido moi complicado; o Palma xa demostrou que pode pelexar contra os 3 grandes e este ano volverá facelo; reforzouse ben, mantén as ideas de xogo con defensa moi forte, bastante pegada en ataque e unha gran portería” incidía así o técnico burelista, Daniel Ibañes, nas impoñentes virtudes dos insulares, confiando nas ganas laranxas e na fortaleza de Vista Alegre para sacar algo positivo do debut: “Esperemos que sexa un punto a favor xogar na casa e a motivación extra deste esperado inicio; se mantemos a intensidade, sen irnos do partido por causas alleas, poderemos sacar algo” explicaba o adestrador buscando o reflexo do seu último amigable de pretempada, con triunfo ante o Santiago Fustal (2-4).
O vestiario mariñán afrontará a súa primeira cita ligueira con todos os seus efectivos dispoñibles, a excepción de Edu, inmerso na recuperación de xeonllo tras pasar polo quirófano en maio; Daniel Ibañes desvelará a convocatoria tras o adestramento desta tarde, previsto para as 17.30 horas. Pola súa banda, a expedición de Juanito viaxa sen Lolo Suazo, Helinho e Tutus.
Convocatoria Palma Futsal: Carlos Barrón, Vadillo, Attos, Carlitos, Eloy Rojas, Maico, Joselito, Diego Favero, Nico Sarmiento, Tomaz, Chicho, Paradynski
Semana intensa
O Pescdos Rubén disputará o segundo compromiso de liga xa o sábado, na casa de Movistar Inter (13.00 horas, emisión en directo por Teledeporte).






















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
