A Mariña, 18 de outubro de 2016. O Bloque Nacionalista Galego vén de anunciar que unha das primeiras medidas que defenderán no Parlamento é que se garanta aodereitoao aborto en todos os centros públicos de Galiza. “As mulleres temos que ter a posibilidade de exercer o dereitoao aborto no noso centro de referencia, sendesprazamentosnin traslados que poidanpoñer en perigo a nosa vida”, declarou a recén electa deputada por Lugo, Olalla Rodil.
“Non podemos permitir que as mulleres teñan que pasar auténticos suplicios para exercer un dereito como é o de decidir sobre o seu propio corpo”, afirmou a responsable comarcal, Ana Ermida. “E, desde logo, o que non pode darse é nin un caso máis como o que vén de supoñer a condena do SERGAS por ter posto en perigo a vida dunhamuller por non ter actuado correctamente nun caso no Hospital da Costa.”
Para a formación nacionalista “o feito de que unhaou un profesional queira declararse en obxección de conciencia non pode suporunha vulneración dos dereitos das persoas, neste caso das mulleres”, afirman.
“O mínimo que debemos garantir é que en todos os hospitais públicos se realicen abortos, que as mulleres teñan garantidos os seusdereitos nos seus centros de referencia; sendesprazamentosnindilacións que poidanacarrexarlles problemas”, afirma Rodil.
“Os servizos públicos e a sanidade pública pagámola todas e todos e por iso ten que ser exemplo de garantía dos dereitos das mulleres. Se haiprofesionais que querenobxectar por razón de conciencia, que o fagannassúas consultas privadas”, afirmou Ana Ermida.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



