Mondoñedo, 18 de outubro de 2016.- A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, invitou este martes á Corporación da cidade de Ferrol a traballar “xuntos, xa que as dúas cidades teñen moito en común e debemos aproveitar estas oportunidades e sinerxías”. En concreto, a rexedora popular referiuse á elaboración dun paquete turístico que inclúa os recursos das dúas cidades “no que teremos que avanzar xuntos”.
Elena Candia trasladou esta petición á Corporación de Ferrol durante o acto institucional celebrado hoxe no consistorio mindoniense, no que de xeito anual e coincidindo coas Feiras e Festas das San Lucas, se renovan os lazos de irmandamento entre Ferrol e Mondoñedo. As relacións entre os dous municipios oficializáronse hai máis de dez anos a través dun pacto de irmandamento.
Deste xeito, a alcaldesa aproveitou esta oportunidade para lanzar unha proposta de traballo conxunta no eido turístico xa que “temos cousas en común e temos a obriga de traballar xuntos pensando no futuro”. A popular puxo como exemplo destas oportunidades comúns a da promoción conxunta dos actos de Semana Santa, que se celebran tanto en Ferrol como na cidade mariñá. Neste eido, Candia faralle chegar unha proposta ao Concello ferrolá para a creación dunha mesa de traballo que permita poñer en marcha esta pretensión.
Ademais, a alcaldesa de Mondoñedo lembrou que a “cidadanía nos demanda estabilidade e que a nosa obriga é a de traballar para resolver os problemas dos nosos veciños, fuxindo das liortas e avogando pola colaboración entre administracións”. De igual xeito, Candia tamén puxo en valor a importancia de firma de irmandamentos entre cidades “como un modo de levar a cabo proxectos conxuntos”.
Descubrimento da Placa en Homenaxe a Alfonso VII
A alcaldesa de Mondoñedo tamén participou este martes no descubrimento da placa en homenaxe a Alfonso VII por outorgarlle a Mondoñedo o título de cidade e o dereito a organizar unha feira anual de oito días, feito que dá orixe ás San Lucas.
Elena Candia expresou a necesidade de “aproveitar as posibilidades que ofrece a nosa historia, a tradición e a lenda viva que supón esta celebración para xerar riqueza”.
A celebración deste acto prevíase no programa para o pasado sábado, pero a organización viuse na obriga de aprazalo pola choiva, celebrándose hoxe, día grade das Feiras e Festas das San Lucas.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



