Lugo, 18 de outubro de 2016.- A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, remitiulle este martes un escrito ao presidente da Deputación provincial, o socialista Darío Campos, no que lle esixe que axilice o pagamento das subvencións nominativas. En concreto, a voceira explica que no Orzamento Xeral da institución para o 2016 están previstas 128 subvencións nominativas por un importe superior aos 1,4 millóns de euros, entre as que se atopan as destinadas a entidades sociais sen ánimo de lucro de toda a provincia, unha contía fundamental para o desenvolvemento do traballo que prestan estas entidades.
Os populares pregúntanse por que o presidente axiliza as subvencións excepcionais nas Xuntas de Goberno semanais mentres mantén as nominativas bloqueadas “pese á importancia que teñen para as entidades que as reciben, non só sociais, senón deportivas e administracións locais”.
O Grupo Provincial do PP presentará ademais un rogo no próximo Pleno da Deputación no que solicita, ao igual que no escrito rexistrado hoxe, que o equipo de Goberno axilice o procedemento de concesión das subvencións nominativas previstas no Orzamento para o ano 2016, asinado xa o 27 de xuño. Demandan ademais que se leve a cabo, a maior brevidade posible, a sinatura dos convenios correspondentes ás subvencións nominativas e se procesa á realización do pagamento do anticipo previsto nas axudas.
No seu escrito a popular explica que xa transcorreron catro meses desde a aprobación do acordo dos Presupostos e dous meses desde que as asociacións e entidades remitiron á institución provincial a documentación necesaria para a tramitación das subvencións e, de xeito sorprendente, a data de hoxe non recibiron comunicación algunha por parte do equipo de Goberno para a sinatura do correspondente convenio.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



