Burela, 18 de outubro 2016. Segundo ven de informar o concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández Rey, o proceso de licitación das obras dos vestiarios do campo de fútbol de herba artificial da Marosa comezará, previsiblemente, a vindeira semana. No día de hoxe rematouse o proxecto técnico dos vestiarios e a intención do equipo de goberno é a de poñer en marcha as obras, se é posible e os trámites administrativos o permiten, antes de que remate este ano 2016.
O edil socialista dixo: “somos conscientes do retraso que leva esta obra, e a intención deste equipo de goberno e da Concellería de Deportes en particular era a de ter iniciadas xa estas obras, xa que como sempre dixemos esta era prioritaria, xa que somos conscientes da necesidade imperiosa da mesma”.
Fernádez Rey explicou que “o retraso acumulado foi totalmente alleo a este equipo de goberno, que primeiro buscou a financiación para facer a obra, xa que non existía partida presupostaría para facela ata que entramos no Concello (temos que agradecer á Deputación Provincial a aposta que fixo por esta obra para a que aportou 100.000 euros), e despois tivo que facer un novo proxecto construtivo, xa que o que había no Concello amosou unha serie de deficiencias que facían que o proxecto existente non se poidera executar porque deixaría unha obra feita con moitos defectos, que serían dificilmente solventables”.
O concelleiro de Deportes puxo como exemplo: “no proxecto realizado polo anterior equipo de goberno do Partido Popular non se contemplaban duchas nos vestiarios dos árbitros, ou non se tiña unha partida suficiente para os enganches de luz, entre outras cousas. Evidentemente este equipo de goberno solucionou estes e outros defectos para que o que se faiga sexa unha obra duradeira e con todos os servicios para os usuarios da mesma. Este equipo de goberno é serio, e intenta facer as cousas ben. Temos que decir que o proxecto que había con anterioridade era una auténtico desastre”.
Ramiro Fernández subliñou que “debido a estas melloras que se tiveron que acometer no proxecto, este aumenta nuns 10.000 euros o seu presuposto inicial (chegando a 117.798,40 euros o precio de licitación), pero tamén podemos decir que non vai haber ningún tipo de problema para a realización da obra, xa que o propio Concello movilizará fondos para que as obras comecen o antes posible, unha vez rematado o proceso administrativo da licitación da obra”.
E engadiu que “como Concelleiro de Deportes teño que decir que non poido entender como se poideron facer as cousas tan mal por parte do anterior equipo de goberno xa que nin cartos, nin proxecto construtivo viable se deixou feito. O que demostra que o interés en facer a obra dos vestiarios foi máis ben pouco, ou ningún. Alguén terá que explicar algún día como se fixo unha especie de acto de inaguración desa obra, con pinchos incluidos, cando está demostrado que o interés real por levar a cabo a obra era cero”.
O concelleiro de Deportes reiterou que “o compromiso do equipo de goberno, particularmente do alcalde e do concelleiro de Deportes por este asunto sempre foi máxima. E si que queremos lamentar que non poideran ser unha realidade antes como a nós nos gustaría, pero coa anterior explicación penso que calquera pode dar por xustificado este pequeno retraso que leva esta obra. Reiterar que esperamos que o proceso administrativo se faga no menor tempo posible e que as obras comecen a facerse tamén coa máxima celeridade para que eses vestiarios sexan unha realidade axiña”.
Melloras no campo de herba artificial
A Concellería de Deportes tamén ven de anunciar que no día de onte se iniciaron as obras de sustitución da barandilla de acceso ás instalacións do campo de herba artificial, xa que a que había instalada presentaba moita corrosión e facía perigoso o acceso ao campo. “Con esta nova barandilla vaise garantir a seguridade e tamén a durabilidade da mesma, xa que se trata dun material máis resistente ás inclemencias metereolóxicas e dos efectos do salitre do mar co que entendemos que é unha boa inversión. O investimento ascende a 4.628,25 euros, o que sigue a demostrar o compromiso deste equipo de goberno coas instalacións deportivas”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



