Burela, 18 de outubro de 2016. O alcalde, Alfredo Llano, reuniuse este martes en Santiago con responsables e técnicos do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar para abordar o remate das obras pendentes na nova escola infantil. Ambas institucións repartiranse os traballos que quedan por facer, acordo que o rexedor considera moi positivo.
O alcalde burelés contou que “tivemos unha reunión moi agradable hoxe con técnicos do Consorcio máis con responsables do Consorcio para falar da escola infantil de Burela que queremos abrir o antes posible, e por iso era bo facer unha xuntanza tamén o antes posible para decidir certas cousas e rematar as obras que faltan”.
Alfredo Llano comentou que “hoxe chegamos a un acordo, que eu penso que é moi bo para apurar máis as obras, que non se faga cargo unha entidade que non sexa nin o Consorcio nin o Concello, nin licitar a unha empresa toda a obra que hai que facer. Imos facer un método que parece moi bo, que é dividir as obras que hai que facer para repartilas un pouco e cada un de nós responsabilizarnos desas obras”. E engadiu “o Consorcio vai facerse cargo do que é a realización da escollera, da nivelación do terreo e duns sumidoiros que hai que facer alí. Nosoutros ímonos encargar de facer o valado en todo o perímetro da escola infantil. Despois a medida que vaiamos vendo cómo van acontecendo as cousas, que esperemos que todo isto estea rematado a finais de ano, quedarían unhas obras menores para xa rematar no mes de xaneiro que non van condicionar para nada a data de apertura”.
Alfredo Llano manifestou que “nosoutros ímonos encargar tamén dos permisos que fagan falta con Adif, xa que a escollera está moi preto da vía do tren e hai que solicitar uns permisos, e tamén nos ocuparemos da conexión da luz e da de pluviais e residuais a servizos municipais”.
O rexedor asegurou que “foi unha conversa moi técnica mirando como acometer as obras que hai que facer e distribuír a responsabilidade de cada unha das institucións para apurar moito máis a realización das obras. Foi unha conversa moi positiva como son as que facemos nosoutros coa xente que representa ás institucións. E tamén esperanzadora no aspecto de que imos procurar facer o antes posible esas obras e abrir a escola infantil o antes posible”.
Xunto a Alfredo Llano viaxaron a Santiago o arquitecto técnico municipal e a concelleira de Servizos Sociais.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



