O Castelo de Castrodouro recibía este domingo 30 de novembro ao visitante da tempada número 5.000 dende o comezo deste proxecto que comezou o pasado mes de marzo e tendo en conta que na actualidade se atopa aberto ao público fins de semana e festivos. O afortunado foi Ángel Pérez Gimón, procedente de Barakaldo (Vizcaia), que visitaba o castelo acompañado da súa parella e duns amigos da Coruña. Foi agasallado cunha figura do Castelo de Castrodouro elaborado para o Concello por Sargadelos.
Ó longo desta etapa o Castelo mantivo unha gran variedade de exposicións e actividades culturais.
O zoqueiro Alberto Geada contempla unha maior afluencia de público unha vez que se complete a musealización correspondente á posta en valor do calzado primitivo e móstrase sorprendido polo feito de que en apenas 7 meses se superase en número de visitantes aos 13 anos do anterior museo das zocas ubicado en Mondoñedo. As dependencias do castelo comézanse a preparar para a campaña dirixida a colexios.