Burela, 5 de outubro de 2016. No pleno ordinario deste xoves debaterase a aprobación do expediente de contratación de nova empresa que se encargará do servizo de limpeza e recollida do lixo, que ata o de agora viña facendo Celta Prix. Na sesión, que dará comezo ás 20:00 horas, tamén se someterá a aprobación inicial a ordenanza reguladora do acceso ás prestacións económicas municipais de emerxencia ou urxente necesidade, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor explicou que na orde do día figura “a aprobación da conta xeral do Concello de Burela correspondente ao ano 2015. Levámolo xa a exposición pública, non houbo ningunha alegación nin reparo, polo tanto este xoves aprobarase definitivamente”.
Llano relatou que “hai outro punto que é a modificación dunha serie de artigos da ordenanza municipal reguladora das comunicacións previas de obras e actividades do Concello de Burela. O que se trata é de adaptalo e de mellorar o que se pide aos veciños para facer obras co obxectivo de axilizar o proceso e facilitar que se fagan o antes posible”.
O alcalde burelés tamén salientou que “outro punto é aprobar inicialmente a ordenanza municipal reguladora do acceso ás prestacións económicas municipais de emerxencia ou xente con necesidade. Trátase de facer un regulamento para que a xente que teña necesidades poida solicitalas de acordo cuns formularios que sexan sinxelos. Non había nada e polo tanto consideramos que é de recibo facer a ordenanza correspondente para dar cobertura e atención a estas cuestións, que agora son bastante frecuentes”.
“No pleno deste xoves ademais –comentou o rexedor- hai un acordo de aceptación expresa da encomenda de xestión compartida do servizo de atención temperá. Isto é algo que levamos facendo xa desde a propia Mancomunidade e desde o Concello de Burela porque hai aquí un servizo que funciona moi ben, que o temos localizado no noso concello, e tratamos de que todos os Concellos da Mancomunidade formen parte. Teñen un acordo de uso e de emprego deste servizo para todos os Concellos da Mariña. Isto hai que formalízalo a través dos plenos correspondentes que teñen que celebrar en cada un dos Concellos. Agora mesmo xa había consolidados Lourenzá, Alfoz e Burela, pero estanse engadindo Barreiros, Ribadeo e Trabada, e pouco a pouco irán consolidándose os dezaseis Concellos que forman parte da Mancomunidade. Mañá daremos a aprobación a Trabada, Ribadeo e Barreiros, que son as tres últimas incorporacións”.
Alfredo Llano declarou que “faremos unha mellora na atención de entidades xestoras de sistemas integrados de residuos de aparatos eléctricos, que xa os estamos recollendo de forma máis selectiva pero como se ampliaron as axudas adaptámonos a esa ampliación, que tamén son interesante para mellorar este servizo”.
O alcalde burelés contou que “levamos a este pleno unha modificación da relación de postos de traballo. Agora xubilouse o arquitecto técnico e imos tratar de traer un arquitecto e polo tanto levamos una modificación puntual da RTP para poder incorporar a este novo profesional no noso Concello e imos sacar en canto poidamos as bases para que se poidan presentar os profesionais, e calculo eu que sobre xaneiro ou febreiro poidamos ter xa un novo arquitecto para o noso concello. Outra praza que hai por lei é a de habilitado estatal que corresponde ao servizo de Intervención, ao non haber esa figura, a de tesoureiro por exemplo, hai que adaptalo e facer unha valoración dese posto. Calculamos que a partir de xaneiro é unha obriga ter un habilitado estatal e entonces hai que dar os pasos en firme para que iso poida ser unha realidade. Tamén queremos convocar as prazas de gardas municipais polo tanto tamén hai que facer aí outra variación”.
Finalmente Alfredo Llano salientou que no pleno de mañá “hai a aprobación dun expediente de contratación mediante procedemento aberto, oferta máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación para o contrato de servizos de residuos sólidos urbanos. Non é outra cousa máis que abrir campo para facer a licitación para substituír o que é agora Celta Prix, que está a realizar o servizo de limpeza no noso concello. E ao rematar polas razóns que xa temos falado moitas veces o seu contrato hai que sacar a licitación por dous anos máximo. Despois teremos que ver se é ou non conveniente recuperar o servizo para o Concello, pero durante dous anos como mínimo ten que estar licitado este servizo. O que imos facer é sacar as bases, aprobar as bases e sacalo a licitación”.
O pleno ordinario que se celebra este xoves en Burela é o que quedou posposto do pasado mes de setembro.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



