Os niveis nos que a política se desenvolve reflíctese cada día nos medios informativos. As declaracións ateigadas de insultos mais ou menos solapados; a violencia dialéctica e as acusacións mútuas por por comportamentos e actuacións idénticas de uns e outros, emborrallan o que debería ser un proceder sempre respectuoso e distendido, evitando que a lección cotiá de incivismo se transmita á cidadanía : é decir, ós homes e mulleres que co honesto trafegar e as mútuas relacións armónicas, e aínda cordiais, constituen a que é a esencia social dos pobos, no marco axeitado para que a vida discurra polos vieiros da normalidade dunha sociedade democrática que para que sexa tal esixe o respecto ás ideas e ás persoas alleas, que é condición “sine qua non” para que a democracia, á que tanto se recurre en parladoiros e actos publicitarios, non quede en pura e estéril demagoxia, dirixida a unha cidadanía que contribue a soster o entramado vociferante que se alinea nos distintos partidos; dos que cobran os ocupantes das poltronas institucionais.
A situación, crispada e intolerante,que vive moi amplo sector político, con non disimuladas fobias, e os posicionamentos persoais, localistas e sectarios, agrava a incapacidade dos políticos para afrontar iniciativas comúns, necesarias ou convenientes, baseadas na racionalidade dunha realidade que estamos seguros que por longo tempo nos acompañará.
Moitas veces, de penosos procederes dise que “son cousas da política”, expresión da que se fai un uso distorsionado / interesado, agochando ós responsables da mesma, adxudicándolle un fatalismo que non lle corresponde.
Nunha ocasión preguntaron a Carlos Cano; ¿qué pasa con la política? E o cantautor, respostou: “la política ha desaparecido como ética de comportamiento personal y colectivo. Una política generada por gentes tan mediocres, tan mezquinas, no vale la pena. Pero es lo que hay en la pescadería”. Mentres non se dea unha rexeneración de verdade nos axentes políticos, e troquen os “chips”, mesmo das capas máis baixas (coma os que temos entre os pés), a política será o que é, porque ela é o “efecto” e aquéles a “causa” que o producen; e mentres perduren as “causas” sufriranse os” efectos”.
Suso Fernández.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



