Lourenzá, 25 de outubro de 2016. O Concello de Lourenzá vai proceder á selección de persoal para a cobertura de dous postos de operarios de servizos múltiples, concretamente un oficial de primeira de albanelería e un oficial de primeira de xardinería.
Anunciouno este martes a alcaldesa, Rocío López, quen explicou que “os interesados deberán anotarse ó longo desta semana no Servizo Público de Emprego de Galicia nas categorías correspondentes, xa que a oferta será presentada nesta entidade. A contratación será por un período de 6 meses a xornada completa. Estes postos de traballo enmárcanse dentro do programa de subvencións para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados ao abeiro da Orde do 14 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural) para o ano 2016”.
A rexedora municipal destacou que “é importante apostar pola creación de emprego no noso municipio e favorecer así o asentamento de poboación no medio rural. Coa contratación destas dúas persoas o Concello pretende mellorar a prestación dos servizos básicos ó cidadán e reforzar o cadro de persoal no desenvolvemento das súas tarefas diarias. Isto permitirá traballar de xeito máis eficiente, dando maior cobertura no mantemento de espazos verdes, limpeza de rúas e pequenos traballos que requiren de coñecementos de albanelería. Esperamos así poder traballar de xeito máis eficiente de cara a resolver o máis rápido posible os requirimentos e necesidades propios do día a día do municipio, un problema co que nos atopamos habitualmente dado o pouco persoal que temos neste momento”.























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



