O Pescados Rubén-Burela FS e o Vista Alegre pelexarán este mércores polo pase a semifinais da XXVI Copa Galicia fronte ao Viaxes Amarelle FSF, de Segunda División. A cita, con entrada gratuíta, arrincará ás 21.30 horas.
Ata o momento ambas as escuadras computan unha vitoria, tras senllos enfrontamentos co Ribadeo FSF, as coruñesas por 5-2 e as mariñás por 0-7. “Somos favoritas, pero a Copa Galicia é un obxectivo para nós e o Amarelle vai vir con toda a ilusión do mundo facernos fronte e intentar meterse en semifinais. Será un partido duro, que nos ten que servir para seguir medrando” advertía o técnico laranxa, Iván Cao, Lucas.
A convocatoria definitiva de Lucas e Julio dependerá de como se reincorpore ao traballo a brasileira Rarine Betim, na sesión desta tarde, e de Judith e Paula, que adestrarán con Galicia Sub-21 este martes en Santiago de Compostela.
Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Silvia, 7. R. Betim, 10. Lara, 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 19. Paula, 26. Elvira
Pescamar Poio FSF. O equipo pontevedrés, rival das burelistas este sábado en liga (xornada 8, 16.30 horas), é o único clasificado de momento para a seguinte fase copeira.






















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
