Foz 28/10/2012.- En pleno votábase e aprobábase un convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Foz. Neste convenio mediante o cal o Consorcio cede ao Concello o uso do inmoble e o equipamento. Nada se di das competencias nin do financiamento. Un choio para o consorcio que se desprende da responsabilidade da residencia e non pon nin un euro. – considera o concelleiro socialista Chema Linares- que explica a postura do PSOE de Foz que denuncia que, no pleno deste xoves, deuse un paso máis cara ao “dedazo bendito”.
O alcalde manifestou con total claridade que a súa intención é que sexa Mensajeros de la paz quen se faga coa residencia de anciáns. Pretende que un investimento de máis de dous millóns de euros lle sexa posto en bandexa a unha entidade privada, sen que se saque a concurso en liberdade de concorrencia con outras empresas do sector. Algo que á parte de ser ilegal, antóllase de moi difícil realización.
De todos xeitos, a aprobación deste convenio é papel mollado, xa que como afirma o informe de secretaria “a legalidade do mesmo está condicionada a que con carácter previo á firma ou ben se obteña a delegación de competencias por parte da Xunta de Galicia ou se emitan con carácter favorable os informes de tutela financeira sobre a sustentabilidade económica das novas competencias ou da inexistencia de duplicidades”. É dicir- explica Chema Linares- de nada vale senón se pode asinar porque non se teñen as competencias ou citados informes
Outro dos puntos importantes de día foi a modificación da ordenanza fiscal para fixar un novo tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles.
Isto é un cabalo de batalla no PSOE dende fai xa tempo, xa que nos atopamos ante unha subida continuada da contribución nos últimos catro anos. Lembramos que o Concello de Foz é o único de toda a Mariña que subiu a contribución durante catro anos consecutivos e que acumula xa unha subida do 51’73%.
Os socialistas sempre denunciamos que esta subida continua era inxusta e desproporcionada. Que supoñía unha carga impositiva moi forte sobre os veciños de Foz. Por iso en novembro de 2015 xa propuxemos unha baixada do tipo de gravame que compensase estas subidas continuas dos valores catastrais e aliviase as maltreitas economías familiares, que foi aprobada polo pleno cos votos favorables de PSOE e FPF e alegada polo PP e o Bng o que a bloqueou e paralizou.
Aínda que a proposta aprobada nos parecía factible e correcta, tamén é certo que o PSOE non pode permitir que a situación se enquiste de novo, que se volva a producir unha situación de bloqueo que impida que os veciños se beneficien dunha baixada da contribución para o ano que vén.
En reunión de portavoces, anterior ao pleno, á que asistiron PP, PSOE e FPF chegouse a un principio de acordo para reducir o tipo do 0´60 actual a un 0’52% mellorando a proposta de alcaldía de 0’54% e en fixar unha bonificación, en caso de domiciliación dos recibos do 5%, máximo permitido pola lei, e que xa fora presentada como emenda polo PSOE a unha moción de FPF para fraccionar o pago do imposto. Con este pre-acordo emendando a proposta de alcaldía chegase ao pleno, que o vota e sae favorable. Aínda que agora lle aparezan pais “á criatura” o certo é que a rebaixa do IBI foi un pre-acordo das tres forzas políticas.
Desde o PSOE seguiremos loitando por que os impostos municipais sexan os máis racionais posibles e o máis axustados á situación persoal e capacidade económica dos veciños- remata Linares.
É de destacar tamén a moción de urxencia presentada polo PSOE e aprobada por unanimidade, para que, tras o acontecido no pasado Pleno da Deputación de Lugo o día 25/10/2016 no que o grupo Popular votou en contra de todas as propostas presentadas no mesmo e entre a que se atopaba una que afectaba ao Club Kayak do noso concello, se inste ao equipo de Goberno do Concello de Foz a que solicite una rectificación, tras a postura tomada polo grupo popular no pleno da Deputación, para que se retome e resolva favorablemente a proposta de axuda económica solicitada polo Club Kayak de Foz para a construción de una nave de piraguas.
Satisfacémonos da unanimidade xa que os socialistas cremos que debe desbloquearse esta situación e que esta axuda económica de 100.000€ chegue á maior brevidade ao noso club
O Grupo presentaba tamén outras tres mocións aprobadas por unanimidade
Unha para a colocación dunha bionda no km 3 da estrada que vai de Foz a San Martiño onde se cortaron uns eucaliptos ao pé da estrada, quedando un barranco, co consecuente perigo para automóbiles, motocicletas e viandantes.
Outra para o arranxo da vía de servizo paralela á variante de Foz entre os barrios de Vilaxoane e Marzán.
E outra para a substitución por deterioro e posterior colocación diante do Concello da placa co lema “en memoria das vítimas de violencia de xénero” e se proceda a súa inauguración por todos os concelleiros dentro dos acto institucionais que se leven a cabo no día internacional contra as violencias machistas.
O grupo socialista realizou varias preguntas, coma por exemplo, porqué nalgúns días festivos ou fins de semana a Basilica de San Martiño permanece pechada ou porqué non se limparon os colectores en Cangas.