O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle o sábado 5 de novembro de 2016, ás 20.30 horas, a representación de “Alba. A casa pechada” da man de Nostrum Cai dentro do programa Buxiganga da Deputación de Lugo.
Alba. A casa pechada (Público adulto)
Sinopse: «Silencio. En oito anos que dure o loito non vai entrar nesta casa o vento da rúa. Así foi na casa do meu pai e na casa do meu avó. Iso ten ser muller. Malditas sexan as mulleres».
Tres irmás privadas de liberdade desatan celos e paixóns. Desafían a moral
establecida e o despotismo dunha nai que se interpón entre elas e os homes. O intento por quebrar a tiranía da nai á que non poden vencer, levaraas a un destino tráxico.
Autora/a: adaptación para danza-teatro da obra de Lorca La Casa de Bernarda Alba a cargo de Lola Fernández e Sonia Fernández
Directora: Lola Fernández
Elenco: 6 actrices
Duración: 65 minutos.
Nostrum Cai Teatro xurde no 2002 na cidade de Lugo, centrándose na formación teatral e no achegamento ás súas diferentes disciplinas, como dramaturxia, mimo, voz e verso, estudo da personaxe, comedia do arte, danza contemporánea, monólogos, contact, improvisación e danza butoh.
Este adestramento permanente en técnica teatral, culminou na representación de varias montaxes de creación propia e colectiva: Soños (mención honorífica na Mostra de Teatro Curto de Getxo, Bilbao), Opinións, Dramatización poética, A revolución, Flashes, Tatuaxes (baseada no texto do escritor galego Xesús Pisón. Gañadora do premio «Novos
Creadores»), Ego, FlashdeDeux e O tempo apremia. No ano 2012, afrontaron o
proxecto Radio Universo.
Nostrum Cai ten proxectos compartidos con In Bocca Al Luppo: dirección
de Paxariños preñados (premio á mellor dirección, mellor espectáculo, mellor escenografía e mellor interpretación femenina na Mostra de Teatro Daniel Cortezón e, ademais, finalista do certame As Vangardas 2005), Rúa do esquecemento, Goma2 e codirección de Camiño do pracer e Thriller Swing.