Lugo, 27 de Outubro de 2016.- A Federación de Comercio da Mariña de Lugo e IBERDROLA asinaron un acordo de colaboración polo que os seus asociados nesta comunidade autónoma poderán acceder á subministración de enerxía e outros produtos e servizos exclusivos en condicións vantaxosas.
O convenio, subscrito nas oficinas da Federación da localidade Lucense de Ribadeo polo seu presidente, Ramón Leivas, e o apoderado de IBERDROLA na rexión, Ignacio Lázaro, enmárcase na aposta desta empresa por contribuír ao desenvolvemento da economía nos distintos concellos da Mariña Lucense.
En concreto, IBERDROLA poñerá a disposición dos socios da Federación descontos exclusivos, que se aplicarán tanto a aqueles que son xa clientes da compañía como a novas contratacións. Así mesmo, asesoraralles individualmente de forma gratuíta, para optimizar os seus contratos en parámetros como a potencia contratada, a utilización da discriminación horaria, etc.
Tamén ofrecerá, en condicións preferentes, outros produtos e servizos como a Cota Fixa, a factura electrónica, os servizos de asistencia e urxencias, auditorías enerxéticas, iluminación eficiente, etcétera.
Esta colaboración permite aos asociados da Federación contar cun asesoramento personalizado, que, entre outras moitas vantaxes, permitirá reducir os gastos fixos, que son unha parte moi importante do día a día destas explotacións rurais.
No marco deste compromiso, a Federación de Comercio, que conta con case 1000 asociados, manterá unha coordinación con IBERDROLA en todos aqueles aspectos relacionados coa eficiencia no uso da enerxía eléctrica, a innovación tecnolóxica e o desenvolvemento sustentable, co obxectivo de conseguir unha mellora global dos custos.