Santiago de Compostela, 2 de novembro, 2016. A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil rexistra diversas iniciativas nas que insta ao Goberno galego a non “recorrer a sentencia xudicial” que condena por neglixencia ao SERGAS no caso dunha muller da Mariña que perdeu o útero e a sumir como xa fixo publicamente o presidente, Núñez Feijóo, “as consecuencias desa actuación neglixente”.
A maiores, a nacionalista reclama crear dous centros no Norte e Sur de Galiza para a atención da Interrupción Voluntaria do Embarazo (IVE) así como garantir os protocolos internacionais sobre “Dereitos Sexuais e Reprodutivos”.
Por outra parte, Rodil considera necesario dotar aos concellos do medio rural de profesionais de xinecoloxía nos centros de Información Familiar de referencia para que as mulleres son sexan discriminadas polo lugar no que viven.
A deputada do BNG lembra que a Plataforma galega polo Dereito ao Aborto de A Coruña rexistrou no Complexo Universitario unha denuncia polo incumprimento dos protocolos sobre a atención integral e de calidade na atención ás mulleres que precisaban un aborto no 2ª trimestre do seu embarazo.
Un deses casos, engade a deputada, sucedeu na Mariña tras a denuncia dunha muller que quedou sen útero tras practicarlle un aborto euxenésico nunha clínica privada madrileña coa que a Xunta mantén un convenio para as interrupcións do embarazo.
Para nacionalista, este caso pon de relevo as precarias condicións nas que se están a levar a cabo os abortos en Galiza a partir do segundo trimestre de xestación e pon en grave risco á saúde das mulleres que se someten a eles como reflicte a propia sentenza que condena ao SERGAS.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



