Cervo, 10 de novembro de 2016. O alcalde de Cervo resposta ás críticas do BNG trala sentenza do Tribunal Supremo pola denuncia feita por unha promotora contra a Xunta de Galicia a raíz dunha licenza para construír un edificio na zona da Atalaia, en San Cibrao. Alfonso Villares aclara que cando o Concello concedeu a licenza a zona non estaba inventariada polo departamento autonómico de Patrimonio, que daquela estaba dirixido polo BNG no goberno bipartito da Xunta.
O alcalde de Cervo explica “primeiramente que era unha denuncia dunha promotora contra a Xunta de Galicia e polo tanto a posible indemnización da que se fala nesa sentenza terá que ser a Xunta quen se faga cargo dela”.
Alfonso Villares engade que “tamén hai que aclarar algunhas declaracións que o Bloque Nacionalista Galego está a facer sobre este asunto e recordarlles unhas cuestións que eu creo que é importante que se saiban. Unha é que a zona onde deu as licencias o Concello non estaba inventariada nese momento; e hai que dalas conforme á lei, que unicamente eran unhas normas urbanísticas pero nada con respecto a patrimonio”.
O rexedor cervense salienta que “son curiosos ás veces os comentarios que fai o Bloque Nacionalista Galego, daquela e hoxe, porque bota en cara que o Concello era coñecedor de que aí había restos arqueolóxicos. Pero o curioso é que as competencias de Patrimonio quen as ten é exclusivamente a Xunta de Galicia, polo que a única administración que pode sinalar normas con respecto a Patrimonio é a Xunta de Galicia. E hai que recordar que a Xunta entre os anos 2005 e 2009 estaba gobernada polo bipartito e en concreto o BNG era quen levaba a Consellería de Cultura e Patrimonio. O BNG mesmo recorda que parece ser que o seu concelleiro daquela, no ano 2005, avisou á Delegación de Patrimonio de Lugo de que na zona da Atalaia apareceran restos de cerámica; e é certo que despois, no ano 2006, se fixeron unhas escavacións para construír un observatorio de aves e que se fixo unha escavación arqueolóxica”.
Alfonso Villares subliña que “no 2005 xa o propio concelleiro do BNG informara á Xunta, do BNG, de que alí había restos; no ano 2006 a propia Xunta, do BNG, sabía que aí había uns restos. E entón eu pregunto que máis datos necesitaba a Xunta de Galicia, do BNG naquel momento, para inventariar a zona; por que esperaron a inventariala o 19 de abril do 2007, cando xa estaban dadas estas licencias; por que non fixeron o seu traballo de inventariar cando parece ser que o propio concelleiro do BNG de Cervo informou aos seus compañeiros da Xunta de Galicia de que aí había restos arqueolóxicos e fan o inventario de bens dous anos despois desde ese aviso”.
O alcalde de Cervo insiste en que “as competencias única e exclusivamente de Patrimonio tenas a Xunta de Galicia e daquela a Xunta do bipartito non inventariou algo que realmente tiña que ter feito, en función das propias declaracións feitas polos representantes do BNG de Cervo”.
Villares declarou tamén que “é unha cuestión unicamente para recordar e anecdótica polas declaracións que está a facer o propio Bloque Nacionalista Galego no día de hoxe con respecto a esta sentenza. E evidentemente eu creo que, unha vez dito isto, terían que medir moito todo canto din; e incluso os demais case lles teríamos que pedir ás veces certas responsabilidades polos seus actos”.
O rexedor cervense manifestou ademais que “desde o Concello de Cervo queremos tranquilizar aos veciños sobre esta sentenza, pois aquí o Concello non foi denunciado en ningún momento porque deu as licencias conforme á lei. A zona non estaba inventariada e por iso se deron as licencias, ao igual que se fixo para todas as vivendas que hai nesa zona da Atalaia. Esas licencias déronse de xeito regrado”.
Alfonso Villares salienta que “agora mesmo, desde que a zona foi inventariada en abril do ano 2007, o traballo que temos que facer, e no que nos imos implicar, é intentar poñer en valor os restos arqueolóxicos que están aparecendo nese lugar”.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



