Mondoñedo, 10 de novembro de 2016.- O Concello de Mondoñedo inicia o proceso de dixitalización do seu arquivo para unha mellor conservación e manexo deste patrimonio documental. Mondoñedo conta cun destacado arquivo con numerosos fondos cuxo valor patrimonial e histórico debe ser preservado para as xeracións futuras.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, explica que a finalidade desta actuación é a de preservar o patrimonio documental do Concello xa que “é o noso deber conservar indefinidamente a historia da memoria colectiva”.
Neste eido, a rexedora puxo en valor a “enorme relevancia dos arquivos municipais, de aí a necesidade de aproveitar as novas tecnoloxías para conservar todos os documentos públicos que se van conservando nos distintos departamentos e que son necesarios para o estudo da historia da nosa cidade”.
Así, Candia incidiu na importancia da dixitalización xa que, segundo engade a alcaldesa, “permítenos conservar os documentos posibles, así como o máis fácil manexo desta documentación e, de xeito directo, tamén axuda aos investigadores a traballar con maior comodidade e garantía sobre os temas municipais, o que abrirá novas posibilidades para a investigación en relación á historia da memoria colectiva”.
Así, a rexedora considera que o papel das administracións públicas “é o de poñer os datos á disposición da iniciativa innovadora para crear valor engadido, aproveitando as oportunidades que nos ofrecen a innovación e as novas aplicacións informáticas”. Así, no desenvolvemento do proxecto, Candia tamén intentará involucrar á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A metodoloxía de traballo
Para o desenvolvemento desta actividade, un equipo da USC desprazarase ata o Concello con dúas mesas de reprodución fotográfica para dixitalizar todos os libros de actas do consistorio. Farano todos os venres de novembro en xornada de mañá e tarde. Unha vez fotografada a documentación, o equipo desenvolverá a súa labor nas instalacións do Centro de Estudos de Historia da Cidade, na Facultade de Humanidades. Prevese que cando se faga a entrega de todo o material se lle dea a coñecer tamén aos veciños e veciñas para facelos partícipes do proxecto.
Convenio coa USC
Esta actividade de dixitalización do arquivo municipal é a primeira que se desenvólvese ao abeiro do convenio asinado entre a USC e o Concello para o desenvolvemento do proxecto ‘Mondoñedo dixital: cidade histórica e patrimonio’, que ten un percorrido moito máis amplo que o de dixitalizar o arquivo municipal, cunha finalidade, a de dar instrumentos para unha posta en valor dos recursos da localidade.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



