Un total de 100 alumnos de 40 centros educativos de Galicia, preparados por 77 profesores, medirán os seus coñecementos e destrezas en Formación Profesional na cuarta edición de Galicia Skills, que se celebrará no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca os próximos 30 de novembro e 1 e 2 de decembro. Así o anunciou esta mañá o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, con motivo da presentación do dito campionato, na que tamén participou o director xerente da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán. Ao acto tamén asistiu o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira.
Tal e como explicou o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia, o obxectivo da iniciativa pasa por poñer en valor o traballo dos centros, do profesorado e do alumnado de FP, tendo en conta que se trata dunha modalidade de formación cada vez máis especializada, vinculada ás necesidades da sociedade e dos sectores produtivos e que aposta polo emprendemento e innovación como ferramentas para favorecer a inserción laboral dos mozos e mozas. “Viviremos tres días de gran intensidade e competición sa, que servirán para que a Formación Profesional galega saque músculo”, remarcou Román Rodríguez.
17 especialidades de competición nun único recinto
O alumnado participante nas Galicia Skills 2016 reunirase por primeira vez nun único recinto e competirá ao mesmo tempo, dado que, en edicións anteriores, as distintas competicións desenvolvíanse en diferentes centros educativos ao longo do mes de outubro. Isto converterá a Silleda, en palabras do conselleiro, “na capital da FP galega” durante tres días.
Son un total de 17 as especialidades, as denominadas “skills”, en competición, e estas correspóndense con un ou máis ciclos das distintas familias profesionais. En concreto, o alumando medirá as súas destrezas en: Mecanizado, Soldadura, Control industrial, Mecatrónica, Enxeñería de deseño mecánico-CAD, Refrixeración, Ebanistaría/Carpintaría, Peiteado, Tecnoloxía da moda, Pastelaría, Cociña, Servizo de restaurante e bar, Tecnoloxía do automóbil, Pintura do automóbil, Xardinaría paisaxística, Administración de sistemas en rede e Coidados auxiliares de enfermería. Así mesmo, tamén haberá dúas especialidades en demostración, Floraría –realizada polo alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo– e Instalacións eléctricas, cuxa demostración correrá a cargo do IES Universidade Laboral de Culleredo.
Deste xeito, cada un dos gañadores en cada unha das 17 especialidades pasará a formar parte do equipo de alumnos e alumnas que representará a Galicia no campionato nacional Spainskills, que se celebrará do 27 de febreiro ao 4 de marzo de 2017.
Centros educativos colaboradores
Ademais da implicación e esforzo dos centros participantes no campionato, o conselleiro de Educación tamén agradeceu a colaboración de outros 19 profesores expertos en cada competición, que se encargarán de revisar que todo estea preparado e listo para a cita. Así mesmo, fixo fincapé no traballo que hai por detrás do torneo para que todo funcione correctamente, un traballo desempeñado por nove centros educativos que se encargan de cuestións técnicas como a montaxe, do subministro de equipamento, do catering, da elaboración das medallas, etc.
En palabras de Román Rodríguez, “estamos falando, por tanto, dun campionato feito para o alumnado e o profesorado de FP por alumnado e profesorado de FP”. Un torneo, en resume, que busca promover o atractivo destas ensinanzas, demostrar o traballo innovador que se está desenvolvendo nos centros, motivar ao alumnado a seguir mellorando a súa formación, favorecer a relación intercentros e co mundo empresarial –que tamén estará representado no campionato–, así como recoñecer e estimular o traballo continuo do profesorado.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



