Burela, 18 de novembro de 2016. Os concelleiros de Turismo e Medio Ambiente, Ramiro Fernández e Noelia Mª Ben, amósanse satisfeitos pola consecución dunha subvención do Galp A Mariña-Ortegal para a posta en marcha do proxecto Entre arcos e cantís, que levarán adiante os Concellos de Burela, Cedeira e Ribadeo.
Fernández Rey dixo que “estamos relativamente satisfeitos, aínda que esperabamos máis axuda, dado que o noso foi o proxecto mellor valorado. De todos os xeitos estamos contentos e orgullosos porque nos permitirá poñer en valor o noso patrimonio xeolóxico e paisaxístico”.
O edil burelés sinalou que “deste xeito contaremos cun recurso turístico máis para o noso Concello. Xa durante o pasado verán puidemos observar o éxito que tivemos coas rutas xeolóxicas que realizamos en Burela. As persoas que as fixeron amosaron a súa admiración pola ampla variedade de rochas que se atopan no noso concello e polos pregues mellor conservados a nivel nacional. Tiñamos aí o patrimonio, que era un descoñecido para os visitantes, pero tamén para os veciños e veciñas de Burela”.
Noelia Mª Ben manifestou que “nas Concellerías de Turismo e Medio Ambiente estamos moi contentos pola consecución deste proxecto, que é global e non local, e que porá en valor todo o territorio tanto na Mariña como en Ortegal. Agora queremos animar a toda a xente que visite esta zona a que se deixe sorprender pola riqueza xeolóxica, paisaxística e patrimonial da que poderá gozar nos tres Concellos que formamos parte do proxecto Entre arcos e cantís”.
O concelleiro de Turismo engadiu que “este proxecto suporá a posta en marcha de diversas actividades, ademais de darlles continuidade ás rutas xeolóxicas ou xeorrutas”. E felicitou “á axente de Desenvolvemento Local de Ribadeo polo traballo realizado para que es proxecto conxunto dos tres Concellos saíse adiante e tamén as traballadoras da Aula Medio Ambiental Gaia de Burela, porque fixeron un traballo moi bonito”.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



