Os datos económicos xestionados en 2015 polo CITT do Campus Terra e ligados á actividade científica desenvolvida na sede universitaria luguesa deunos a coñecer o reitor Juan Viaño no marco do acto de sinatura de renovación do convenio para o mantemento desta oficina da Vicerreitoría de Investigación da USC na sede universitaria luguesa, que no trienio 2013-2015 xestionou fondos por un importe global de 14,2 millóns de euros. O presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos; o presidente de Caixa Rural Galega, Manuel Varela, e o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) tamén participaron no acto de sinatura do convenio.
Campos Conde remarcou que os servizos de investigación da USC coas empresas é un bo exemplo de colaboración que debemos seguir promocionando. O Presidente sinalou que a investigación é un piar fundamental que debe estar ao servizo da sociedade para mellorar a calidade de vida das persoas, e avogou por seguir impulsando esta liña.
O Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía (CITT) do Campus Terra da USC duplicou en 2015 os fondos xestionados a través de contratos e convenios asinados con empresas e institucións públicas, que representaron máis de tres dos 4,5 millóns de euros captados na sede universitaria luguesa para a realización de actividades formativas e proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación durante o pasado exercicio.
O convenio para o mantemento do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía (CITT) do Campus Terra remonta as súas orixes a 1995, lembrou Viaño, quen logo de salientar que esta oficina contribúe a situar a USC á vangarda da transferencia de coñecemento e tecnoloxía á contorna social, fixo público o seu agradecemento tanto ao persoal técnico que desenvolve o seu cometido no CITT como ás entidades que apoian un convenio que conta cunha dotación orzamentaria de preto de 60.000 euros, dos que Caixa Rural Galega achega 50.000 euros e a Deputación Provincial de Lugo, 9.500. A contribución da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) non implica dotación económica algunha.
Viaño salientou o importante cometido que está chamado a desenvolver o CITT no contexto do Campus Terra e nomeadamente na súa conexión coa contorna socioeconómica. O reitor da USC argumentou neste senso que o incremento dos fondos captados en 2015 por esta oficina universitaria a través de contratos, convenios e informes con empresas entidades públicas dá boa conta do aliñamento da investigación desenvolvida no Campus Terra co tecido social e empresarial que o rodea e tamén proba a súa repercusión e impacto na sociedade.
Balance actividades 2015
O Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía (CITT) do Campus Terra xestionou en 2015 un total de 198 actividades e os fondos captados e xestionados por este órgano na sede universitaria luguesa posibilitaron a contratación de 28 persoas con cargo a convocatorias de concorrencia competitiva, ademais doutras 130 para o desenvolvemento doutros proxectos e actividades de investigación.
Alén da actividade de I+D+I canalizada a través do CITT do Campus Terra, o reitor Juan Viaño destacou o esforzo que está a realizar a USC neste eido na sede universitaria luguesa, onde se veñen de inaugurar as novas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA), que requiriron un investimento de 10 millóns de euros. O desenvolvemento do plano estratéxico do Campus Terra, no que se inclúen accións de mellora de infraestruturas de investigación, tales como os laboratorios da RIAIDT, a Estación Científica do Courel, Plataforma Tecnolóxica de Enxeñaría da Madeira Estrutural (Pemade), animalario da Facultade de Veterinaria, laboratorios da Facultade de Ciencias e invernadoiros da Escola Politécnica Superior, é outra proba da aposta da USC pola I+D+I na sede universitaria luguesa.






















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



