Ribadeo, 1 de decembro de 2016. Os concelleiros de Cultura e Mocidade, Farruco Graña e Vanesa Yanes, presentaron este mediodía o concurso de vídeos na rede Youtubeir@s. Trátase dunha iniciativa dos servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas e de once Concellos, entre os que se atopa o de Ribadeo. Youtubeir@s nace coa vontade de fomentar a creación de vídeos en galego, tanto de opinión como vídeotitoriais, para a súa difusión.
O edil nacionalista dixo que “convocamos hoxe aquí os medios para presentar este proxecto que pretende que a presenza do galego na Rede se incremente a través da creatividade e que , pola parte que nos toca, a iso contribúan os veciños e veciñas de Ribadeo, desde os mais mozos aos maiores. É pois unha iniciativa moi aberta”.
Graña explicou que “Youtubeir@s é unha iniciativa dos servizos de normalización lingüística das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e dos Concellos da Baña, Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Teo e O Grove e o noso, Ribadeo”.
O concelleiro de Cultura indicou que “Youtubeir@s – Concurso de vídeos na Rede, nace coa vontade de fomentar a creación de vídeos en galego, tanto de opinión como videotitoriais, para a súa difusión en Internet. O proxecto busca facilitar que todas as persoas compartan as súas habilidades e criterios, que poidan ser de interese para outras persoas, a través dunha canle onde miles de millóns de persoas descobren, visualizan e comparten vídeos. Actualmente, Youtube é a segunda rede social máis empregada, despois de Facebook, chegando a máis de mil millóns de persoas usuarias. É pois un ámbito no que queremos que o galego apareza con máis forza aínda da que ten”.
Vanesa Yanes contou que Youtubeir@s diríxise a todos os públicos a partir de 14 anos. No caso de que a persoa participante sexa menor de idade, esta inscrición irá acompañada da autorización do pai/nai ou titor/a legal mediante o documento que se facilita na web do proxecto Youtubeir@s. Hai dúas categorías: Vídeo-Facermos e Vídeo-Opinarmos. A primera delas é un vídeo-titorial no que se amosan saberes procesos de elaboración para que outra xente os poida aprender, como por exemplo unha receita, un truco de maxia, manualidade, o uso dun programa informático, etc. E a segunda sería un vídeo no que, de xeito argumentado, se expón unha opinión ou valoración arredor dun tema de interese. Por exemplo sobre un libro, un filme, unha serie, actualidade, moda, tendencias…”.
O prazo para participar en Youtubeir@s está aberto desde hoxe, 1 de decembro, e ata o 28 de abril ás 00.00 horas. As inscricións realizaranse a través do formulario dispoñible na web do proxecto: www.youtubeiras.gal, que é a web de referencia para todo o proxecto.
A concelleira de Mocidade manifestou: “podedes animarvos desde xa ou agardar a principios de 2017 para perfeccionar as técnicas de youtubeir@ participando en dous obradoiros que se organizan a través de Cultura e Mocidade e que se publicitarán no seu momento”.
O concelleiro de Cultura engadiu que “hai varios premios, un por categoría que estarán dotados con 1.000 euros cada un deles. E haberá tamén catro mencións honoríficas dotadas con 500 euros cada unha: creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica e calidade lingüística. Desde o servizo de normalización lingüística do Concello de Ribadeo anímase a centros de ensino, asociacións , grupos de amigos, persoas individuais…a que enchan a Rede de vídeos en galego”.























Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



