Ribadeo, 5 de decembro de 2016. A tenda da franquía da cadea de papelería Folder en Ribadeo acaba de cumprir un ano desde a súa apertura no baixo do número 1 da avenida de Galicia. Para celebralo o establecemento está decorado de forma especial e ademais durante esta semana ofrece aos seus clientes un desconto do 20 por cento en todas as compras superiores a 15 euros.
Ademais de ter unha ampla oferta en artigos de papelería, sección de agasallo con marcas como Mr Wonderful, Gorjous, Nici, Despeche ou Animosa, consumibles e accesorios para informática, material escolar e de oficina, en Folder Ribadeo fan fotocopias, plastifican documentos e realizan envíos de fax. Tamén ofrecen outros servizos, como recarga de teléfonos móbiles e mensaxería, que permite enviar paquetes ou documentación a calquera parte do mundo a través de DHL.
Recentemente instalaron unha fotocopiadora máis rápida e con moitas máis funcións: escaneo directo a correo electrónico, impresión desde pendrives e desde o teléfono móbil do cliente, impresión de folletos maquetados e grampados, etcétera. Tamén ofrecen servizo de impresión, escaneo ou fotocopiado de planos en 24 horas. Ademais fan encadernacións en espiral ou canutillo.
Os propietarios do establecemento de Folder en Ribadeo son Emma Álvarez Chao e Diego Valcarce Behague, quen comentou que “este primeiro ano foi duro pero moi reconfortante tanto a nivel profesional como persoal. Temos clientes pero tamén temos novos amigos e amigas. A boa acollida anímanos a mellorar cada día”.





















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



