Alcoa San Ciprián e os traballadores voluntarios do complexo industrial de Alúmina e Aluminio incrementaron o seu apoio á comunidade en 2016. En total, os voluntarios, co respaldo da compañía e de Fundación Alcoa, realizaron 31 proxectos Acción en colaboración con organizacións sen ánimo de lucro locais que, ademais do traballo voluntario dos traballadores, recibiron 3.000 dólares cada unha, un total de 93.000 dólares, e contaron coa participación de máis de 700 persoas.
Fundación Alcoa patrocinou así mesmo os proxectos educativos Lugo Emprende e Naturacción, que a Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria desenvolveu coa colaboración do Progreso de Lugo e Fundación Santiago Fernández Latorre; o programa de formación empresarial RetoAlcoa xestionado por Fundación Junior Achievement, e a continuación do programa de recuperación do bosque atlántico en montes de Cervo.
As “Accións” dos voluntarios de Alcoa San Ciprián en 2016 foron diversas, sempre co denominador común de traballar en equipo para achegar melloras en beneficio a comunidade local e, especialmente, dos colectivos máis vulnerables, a infancia e a mocidade.
Accións nas escolas
En colaboración coa comunidade educativa, pais e profesores, os voluntarios de Alcoa dedicaron este ano numerosas horas do seu tempo libre a actividades educativas e melloras en centros docentes. Así, no Colexio de Cervo nº 1 organizaron un taller de comida saudable para alumnos e, dirixidos polo pintor viveirense Juan Luís Neira Brochs, axudaron a construír un mural con materiais de reciclaxes. No colexio de San Ciprián, os novos estudantes puideron tocar con novos instrumentos musicais.
Restauraron o patio de recreo do centro Pedro Caselles de Xove, pintando os elementos de metal e creando novas zonas de area. En Burela, desenvolveron actividades para favorecer a inclusión entre os alumnos do Colexio Vista Alegre, unha xornada ambiental sobre o ciclo da auga no IES Perdouro e un simulacro de emerxencia no Colexio Virxe do Carmen.
No Colexio Pedrosa Latas de Celeiro ensinaron aos nenos para orientarse na montaña e xogos de montaña; mentres que no colexio Nº 1 de Foz, plantaron árbores ornamentais cun enfoque didáctico.
Accións cos necesitados
As persoas en situacións de precariedade, risco de exclusión ou con necesidades especiais recibido así mesmo especial atención por parte dos voluntarios de Alcoa. Un ano máis, especial apoio a Cáritas, organización para a que habilitaron un local destinado a roupeiro social en Burela e pintaron o peche da casa de acollida de Viveiro. Coas persoas con discapacidade mental do Centro San Pablo e San Lázaro de Mondoñedo, visitaron os principais monumentos da localidade. En colaboración coa asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña organizaron unha exposición de cadros pintados por persoas da asociación e coa Asociación Eu Son, restauraron un invernadoiro destruído por unha tormenta.
Tamén se ocuparon das persoas maiores. Na residencia Betania de Viveiro, pintaron un mural para as representacións teatrais e organizaron concertos coa asociación Sones de Misericordia. En San Ciprián, coa Asociación Centro de Iniciativas Turísticas, guiáronlles no uso das redes sociais máis populares a persoas maiores e, en colaboración coa Asociación Terra Mar, puxeron en valor o coñecemento dos maiores para transmitir valores, coñecementos e vivencias aos máis pequenos. Tamén adecuaron un parque infantil con Mulleres Bolboretas e repararon o sistema eléctrico da asociación de Veciños Nosa Señora de Lieiro.
Accións para o goce de todos
Os voluntarios tamén se ocuparon tamén de recuperar e adecuar espazos naturais para o goce dos cidadáns. Así, acondicionaron unha área recreativa en Praia de Portocelo de Xove con asociación Saiñas, adecuaron unha zona recreativa en Os Muiños do rio Riqueira con Sociedade Deportiva de Xove, un carreiro da praia da mesma localidade con asociación Santa Isabel, e limparon a praia de Lago cun Club de Natación local. Instalaron a sinalización das fontes de San Ciprián coa organización Península da Paz e, nos meses de primavera, organizaron tres rutas de sendeirismo nos municipios de Burela, Xove e Viveiro.
A conservación dos elementos da cultura rexional popular tamén contou co respaldo dos voluntarios de Alcoa, que participaron en actividades como un taller de reparación de traxes rexionais con asociación Bágoas da Terra, e no deseño de alfombras florais para adornar as rúas de Viveiro con Mulleres Santa Cruz. Coa asociación de Mulleres de San Ciprián, colaboraron nun taller para nenos de flores con materiais reciclados.
Cada unha das organizacións colaboradoras nas actividades dos voluntarios de Alcoa recibiu 3.000 dólares como apoio á iniciativa solidaria dos traballadores, que contaron co impulso e respaldo organizativo da empresa.
A Fundación Alcoa inviste nas comunidades nas que Alcoa Corporation está presente axudando nas necesidades locais de maneira sustentable. En colaboración con organizacións sen ánimo de lucro, creamos valor contribuíndo á excelencia ambiental, o éxito económico e a responsabilidade social. Alcoa Corporation opera cunha sólida base de valores e unha cultura de traballar para minimizar o seu impacto ambiental, á vez que retorna resultados positivos á sociedade.
É por esta razón que a nova Fundación Alcoa proponse centrar os seus esforzos en apoiar asuntos crave para nosa industria: programas e iniciativas de investigación que preservan a biodiversidade relacionadas coas actividades de minería e refino, e programas de investigación, mitigación e adaptación relacionados co cambio climático.




















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



