Xove 27-12-16.O Concello de Xove continúa coas actividades programadas para este Nadal. Así este mércores 28 de decembro, a Concellería de Cultura ten programado o gran concerto de nadal, que tódolos anos organiza a Escola Municipal de Música, coa colaboración da Asociación Prestoxove.
O concerto vaise desenvoler a partires das 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, con entrada libre e gratuita para todos. No mesmo vanse interpetar obras de Bellwood, V. Williams, Shostakovich, Mendelssohn e R. Binge.