A Mariña, 23 de decembro de 2016. O Bloque Nacionalista Galego na Mariña lamenta unha nova perda de servizos para as veciñas e veciños desta comarca. “Neste caso, o peche onte mesmo da Unidade de Recadación Executiva da Tesourería da Seguridade Social que, ata este momento operaba en Mondoñedo, vén a continuar co desmantelamento desta comarca a facer da centralización de servizos en Lugo”, explica Ana Ermida.
Segundo expuxo a responsábel comarcal nacionalista, “este é un novo pau para as veciñas e veciños que, ao igual que xa acontece con servizos de Facenda ou mesmo consultas médicas, terán que desprazarse a Lugo para realizar trámites que antes podían facer en Mondoñedo”.
“Todo isto responde a unha idea de administración promovida polo Partido Popular que, coa disculpa de recortar gastos, alonxa os servizos das persoas; provocándolles a estas máis molestias e gastos”, continúa.
Desde o BNG defenden a proximidade dos servizos para unha mellor prestación dos mesmos e opinan que “a tendencia debera ser a diametralmente oposta: en época de crise hai que facilitarlle á xente a realización de trámites o máis preto posible”.
Iniciativas nos concellos
Os grupos municipais do BNG promoverán en todos os concellos da comarca que as corporacións se posicionen en contra deste peche e insten ao goberno central, do que depende a Seguridade Social, a reabrir esta oficina de Mondoñedo.
O Concello de Mondoñedo tiña adquirido este compromiso despois do acordo unánime que se adoptara en agosto, pero o concelleiro e concelleiras nacionalistas descoñecen se a alcaldesa fixo o seu traballo ou o deixou aparcado, deixando marchar este servizo da súa cidade sen ningún tipo de xestión para evitalo.


















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



