O Goberno da Deputación leva ao vindeiro Pleno, que terá lugar o martes 27 de decembro, novas propostas de case 300.000 euros para fomentar o emprego, os servizos sociais e as infraestruturas na provincia, en colaboración con colectivos do tecido produtivo e social lugués, así como cos Concellos.
Deste xeito, o Executivo Provincial presenta á sesión plenaria acordos para conceder unha axuda económica de 100.000 euros á Confederación de Empresarios da Provincia de Lugo (CEL) coa que contribuír á súa actividade en impulso das empresas da provincia; a Raiolas de 90.000 euros para obras na antiga gardería no Campus e transformala nun centro de día para persoas con autismo; a COGAMI de 50.000 euros para o Servizo de Intermediación Laboral a persoas con capacidades diferentes; e de 45.500 euros a 12 Concellos con produción hidroeléctrica. Son remanentes desta débeda liquidada, que o Presidente decidiu pór a disposición dos municipios para que contraten máis actuacións.
Servizo a máis de 6.000 empresas
A axuda de 100.000 euros que o Goberno da Deputación acordou conceder á CEL, que deberá ser ratificada polo Pleno para que sexa finalmente concedía, é para contribuír ao funcionamento do seu servizo de asesoramento xurídico, laboral, económico-fiscal, de internacionalización e emprendemento. A través desta prestación, a CEL atende a máis de 6.000 empresas da provincia, ademais de máis dun cento de emprendedores, pois a media anual é de 130. Deste xeito, o Executivo Provincial contribúe co impulso do tecido produtivo lugués, fomentando o emprego.
Inserción laboral de 1.000 persoas
O Goberno propón achegar 50.000 euros a COGAMI, cos que contribuír ao funcionamento do Servizo de Intermediación Laboral, que ten en marcha este colectivo co obxectivo de promover a igualdades de oportunidades no acceso ao mercado laboral. A través desta prestación nos últimos 3 anos acadouse a inserción laboral de 1.000 persoas con capacidades diferentes ou de difícil acceso ao mercado de traballo.
1º centro de día para persoas con autismo
Tras acordar en Xunta de Goberno incrementar en 20.000 euros a achega a Raiolas debido aos estragos na gardería do Campus de Lugo por mor de incendios intencionados, o Goberno da Deputación propón ao Pleno aprobar a concesión dunha axuda dun total de 90.000 euros, cos que poder financiar a transformación destas instalacións provinciais, que o Executivo Provincial xa lle cedeu gratis, no 1º centro de día da provincia para persoas con autismo.
Máis obras polo canon
Tras liquidar a débeda do canon nos últimos anos e recibir 45.528 euros procedentes de baixas en obras dalgún Concello, o Presidente decidir conceder estes remanentes aos municipios nos que se deu esta situación. Trátanse de Carballedo (0,51 euros); A Fonsagrada-Negueira de Muñiz (12.393 euros); Guntín (1.931 euros); Monforte de Lemos (7.497 euros); A Pobra do Brollón (339 euros); Portomarín (2.864 euros); Quiroga (9.855 euros); Ribas do Sil (4.543 euros); O Saviñao (502 euros); Sober (1.250 euros) e Taboada (4.349 euros).
Campos Conde busca conceder este investimento a ditos Concellos para que sexan eles mesmos os que contraten máis actuacións en base as súas necesidades e non o faga a Deputación, axilizando deste xeito os procedementos administrativos en beneficio dos veciños. Algún municipio xa trasladou ao Executivo Provincial os traballos que vai a levar a cabo con este novo orzamento: Pobra do Brollón destinará a partida á adquisición de 11 contadores de auga; Sober á compra de mobiliario urbano; Quiroga á rexeneración do acceso a Lamas e Xestoso de Lor; Monforte de Lemos executará melloras en 5 vías urbanas; e Negueira de Muñiz comprará maquinaria.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



