Burela, 22 de decembro de 2016. O concelleiro de Obras e Servizos, Ramiro Fernández, ven de anunciar a contratación para proceder á renovación da sinalización turística de Burela. O prezo de licitación do proxecto ascende a 55.000 euros e implicará a substitución de 42 novas sinais.
O tamén tenente de alcalde do Concello burelés explicou que “era unha obra necesaria por dous motivos primordiais, debido ao estado de deterioro que presentan as sinais faise necesaria a súa reposición pola boa imaxe do pobo e por seguridade para os viandantes. A situación na que se atopan requiren desta actuación e así o imos a facer cunha inversión moi importante que vai a servir para mellorar tanto a imaxe de Burela, como para evitar problemas derivados do mal estado de conservación que presentan as devanditas sinais”.
O concelleiro de Obras dixo que “a actuación demostra a intención deste equipo de goberno en que o noso pobo presente unha boa imaxe para os nosos visitantes e para os propios veciños. Este tipo de actuacións así como outras que se están a facer están a mellorar a imaxe do pobo, apostando polo turismo dunha maneira clara como motor económico. Os datos que vamos rexistrando así o demostran. O traballo conxunto de todas as Concellerías neste asunto demostra que estamos na boa liña e así imos a seguir traballando, traendo espectáculos e actos que teñan repercusión e tamén traballando na liña de mellorar a imaxe de Burela. Queda moito por facer, pero o empeño é o de ter o pobo nas mellores condicións posibles e haberá máis actuacións que se verán reflectidas nos presupostos do ano 2017”.
O edil socialista contou que “este mércores a Xunta de Goberno local aprobou o proxecto destas obras, e no día de hoxe xa se publicaron as condicións así como o proxecto no portal www.leal.gal e as empresas interesadas dispoñen de 7 días para presentar as súas ofertas. En total vanse repoñer un total de 42 sinais turísticas que serán dun material resistente ás difíciles condicións meteorolóxicas de Burela, co que imos a garantir unha durabilidade maior que as que había postas e unha boa sinalización turística de Burela facendo especial fincapé nos recursos turísticos do noso pobo. O prezo de licitación da obra ascende a 55.759,62 euros e entendemos que esta importante inversión vai a favorecer a imaxe turística do noso pobo”.