Os partidos políticos deste país no canto de mostrar tanta bulla interna, a responsabilidade das formacións políticas que presumen de mirar ao pobo, de estar coa xente, de ocuparse e preocuparse por que a maioría de cidadáns poidan acceder en igualdade de condicións á riqueza común que se paga cos impostos, deberian, penso eu, facer máis pedagogía, ensinar o que significan os términos que esconden a traizón. Non existe o liberalismo de esquerdas, xeneroso e solidario, o liberalismo sempre é de dereitas, chámese PP ou Cidadáns, ou as súas versións autonomicas
A sensación que chega á cidadanía é que as cuitas entre políticos ocupan un espazo que deberian destinar a explicarnos o que fan co seu mandato. Peléxanse polos asentos, polos programas ou pola forma de intentar quitarse do medio uns a outros, os informantes póñennos diante dos ollos un panorama desalentador que só beneficia aos partidos inamovibles que o ten claro, é dicir á dereita contumaz. Así o entenderon en Cidadáns, abandonan a socialdemocracia e decláranse abiertamente liberais. Que sorte, di un traballador despistado liberal soa a liberdade. Xa claro, pero parécese só nas letras. O home, confiado no son da palabra quédase sen saber que liberalismo é o que lle vai a levar ao horto a cambio de engrandecer as multinacionais, as grandes empresas e os pirata-empresarios sen escrúpulos, liberalismo é adelgazar as normas de protección do Estado, que cada pau aguante a súa vela, que quen teña plan privado de pensións terá unha vellez tranquila e quen non o teña teraa miserable. Liberalismo é que só exista unha sanidade pública de ínfima calidade como nos vellos tempos, si non págasche o seguro te levan á beneficencia, o que ocorre no admirado país de Donald Trump.
Si falas cun liberal diche que teñen traballo os mozos que se esforzan, pero ocúltache que o seu fillo fixo un máster de trinta mil euros e estudou idiomas polo mundo e grazas a iso ten traballo. O liberalismo é de dereitas, é o oposto á solidariedade do grupo social. É o individualismo e a competitividad caia quen caia. É o maior obstáculo á posibilidade de desclasarse polo esforzo porque se parte de desigualdade de oportunidades.
No canto de mostrar tanta bulla interna, a responsabilidade das formacións políticas que presumen de mirar ao pobo, de estar coa xente, de ocuparse e preocuparse por que a maioría de cidadáns poidan acceder en igualdade de condicións á riqueza común que se paga cos impostos, debesen, penso eu, facer máis pedagogía, ensinar o que significan os términos que esconden traizón. Non existe o liberalismo de esquerdas, xeneroso e solidario, o liberalismo sempre é de dereitas, chámese PP ou Cidadáns, ou as súas versións rexionais.
Otero Regal