A pasada semana foi comunicada a sentenza da sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza pola que se desestima o recurso de apelación que interpuxeran hai dous anos a Xunta de Galiza e as empresas do grupo Sargadelos, ratificando a nulidade do ERE reclamada pola CIG.
Para analizar esta sentenza hai que remontarse ao ano 2010, concretamente ao mes de agosto. Nese mes a Fábrica de Cerámica de Sargadelos convoca ao Comité de Empresa para negociar un ERE de extinción de contratos, o primeiro, que afectaría a 34 traballadoras/es. A negociación finaliza sen acordo entre as partes e coa proposta final da dirección de despedimento de 26 traballadoras/es. A Confederación Intersindical Galega (CIG) presenta en solitario alegacións diante da Consellería de Traballo (os outros sindicatos, maioritarios no Comité, comprometéranse diante da asemblea a facelo pero non o fixeron).
Mentres dende a Confederación Intersindical Galega apurábanse os procedementos da vía administrativa, a Dirección da empresa decide executar parcialmente o ERE co despedimento de oito traballadores/as. Sucedéronse manifestacións, concentracións e todo tipo de actos solicitando a readmisión desas traballadoras e traballadores e a negociación doutro tipo de medidas. Ante a cerrazón da dirección a CIG presentou un contencioso administrativo que foi resolto en novembro de 2014, recoñecéndose en sentenza que na negociación do ERE, a dirección da empresa non aportara, como sería preceptivo, a documentación do resto de empresas do grupo de Sargadelos e que a selección do persoal afectado polo ERE fixérase sen “criterios efectivos”, motivos polos que a Consellería de Traballo non debera telo aprobado e, en consecuencia, declárase a nulidade do ERE.
Nesa sentenza, que ven de ser ratificada polo TSXG, recóllese tamén, “o dereito das (oito) persoas traballadoras afectadas á reincorporación nos seus postos de traballo, aboamento das cantidades deixadas de percibiren concepto de salarios dende as extincións dos seus contratos, así como a retroacción da alta co aboamento das cotas correspondentes na Seguridade Social”.
A Dirección de Sargadelos decidiu non executar esta sentenza e, ao igual que a Xunta de Galicia, interpoñen recurso de apelación diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia solicitando que se declare axustado a dereito a resolución da Dirección Xeral de RR.LL. pola que se autorizara o ERE e polo tanto, os despedimentos posteriores.
Dous anos despois da presentación dese recurso (e seis despois dos despedimentos) recibimos a resolución do TSXG que desestima as pretensións da Xunta e máis do Grupo Sargadelos ratificando na súa integridade a sentenza apelada e mantendo os dereitos dos traballadores recollidos na mesma.
Na reunión mantida con estas oito persoas para darlles traslado de sentenza, puidemos constatar a satisfacción anímica que lles supón ver que un novo tribunal recoñece a nulidade dos seus despedimentos, un novo respaldo moral a unhas persoas que, tras dedicarlle toda a súa vida laboral á empresa, foron despedidos cunha inusitada frialdade e cunhas formas máis que cuestionables. Unha sentenza que pode ter pouca transcendencia práctica para vida diaria da maioría, pois xa están xubilados, pero devólvelles parte da ilusión perdida durante estes seis anos de agonía.
Aínda que cabe a interposición de recurso de casación, dende a CIG esperamos que a empresa recapacite, emende a súa actitude e, en base á súa rotundidade, acate estas sentenzas, adoptando unha postura de responsabilidade e dignidade acorde co prestixio da súa marca que lles permita a estes oito compañeiros e compañeiras, vítimas dunha inxusta decisión, recuperar o que en xustiza lles corresponde. A táctica seguida ata o momento pola empresa de botar balóns fora non fai máis que atrasar a resolución deste asunto, aumentando as consecuencias negativas para ambas partes.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



