Ás veces non fai falla viaxar lonxe para chegar aos paraísos. Co paso dos anos, un descobre que eses edéns que aquietan as nosas augas están realmente dentro de cada un de nós, ou roldando as paisaxes ou os afectos máis próximos. Gústame moito viaxar, e de feito cada ano da miña vida quédase gravado no almanaque con algunha viaxe máis ou menos afastada. E cando imos lonxe, paradóxicamente tamén nos segue sorprendendo o máis sinxelo e o máis cotián. Se cadra o que queda de Roma é só unha folla seca que movía o vento entre os xardins que rodean as ruinas mais famosas da chamada Cidade Eterna.
Cando estamos noutro lugar, lonxe dos nosos traballos e das nosas preocupacións, fixámonos neses detalles que requiren a calma e a mirada serea que non atopamos cando imos correndo ao traballo . Realmente estamos viaxando cara a nós mesmos en todas partes. Tamén na Mariña de Lugo eu viaxo algúns domingos moi lonxe afastándome apenas uns metros da miña casa. Achégome ao barrio mariñeiro de Celeiro e parece coma se de súpeto afastáseme da Xunqueira na que habito entre semana. As ruas, as casas de cores, o son incesante da area na beira e esa brisa que fai que viaxe case tan lonxe como os barcos que teño diante converten calquera fin de semana nunha festa inesquecible. A costa de A Mariñal non se parece nada ao resto da bisbarra. Ás veces un ten a impresión de que cando a quixeron enterrar coas carreteras non fixeron máis que salvala da especulación e da mirada rápida que dedicamos ao que se ve desde as estradas. Alí tes que baixar uns metros e recuperar a costa tal como era antes de que levantasen casas e casiñas a todo o largo da cosrta dende Ribadeo ata O Barqueiro intentando gañarlle terreo ao océano. Desde ese lugar vese a vida que pasa afastada, os barcos que van e veñen cargados de soños e eses mariscadores que seguen buscando pulpos e lamparos entre as grutas das grandes pedras da costa. Hai praias pequenas de area branca que cando baixa a marea recórdame a todas as praias da miña infancia e xuventude en outros lugares lexanos. A sombra que deixan as penas cando cae a tarde e coa baixaamar parece que o Cantabrico dorme como un lagarto xigante. A Mariña e unha franxa costeira con moitas Mariñas dentro, unha costa con moitos horizontes nos que inventar as nosas propias viaxes. Sábeno todas esas gaviotas que sobrevoan a diario a súa silueta alargada e sempre mollada polas augas.



















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



