Convócase a tódolos socios de O Tesón á asamblea xeral ordinaria que terá lugar no salón de actos da Casa
do Mar o día 4 de febreiro de 2017, sábado, ás 20:00 horas en segunda convocatoria (ás 19:30 en primeira convocatoria, que previsiblemente non se fará por falta de quorum)
Está previsto un punto único na orde do día:
1.Futuro da Asociación.
Como comentario ó único punto, despois de ter pasado un ano de prazo como foi previsto na última asamblea, e ante o feito de que non hai candidaturas á directiva, pero si nos teñen manifestado moitos socios (e mesmo non socios) un apoio para a continuidade, estanse estudando diversas posibilidades, como
continuar a situación actual de xeito indefinido, editar un novo libro de tema ribadense, etc, algo que queremos consultar a quen teña a ben asistir.