Ribadeo 31-1-17.Leo Bassi regresa a Galicia para deleitar ao público da Mariña e visitante que se queira chegar ao Auditorio de Ribadeo para gozar de The best of Leo Bassi o sábado 4 de febreiro ás 21 horas. As entradas, a 10 euros, poden reservarse chamando á distribuidora Culturactiva S. Coop. G. ao 981 58 28 36, e recoller o propio día da función até media hora antes da mesma no despacho de billetes do Auditorio.
Este espectáculo, que xa se puido ver en Galicia o ano pasado en Galicia, concretamente en Vilagarcía o Día de San Roque, no marco do Festiclown, é unha recompilación dos seus mellores números dos últimos anos, verdadeiros clásicos nos que vemos ao Bassi mais divertido, mordaz e o que máis xoga e se relaciona co público, parte principal do seu espectáculo. As relixións, a banca, a dereita, o capitalismo… Nada escapa á crítica de Bassi, á arte que, libre de convencións, ofrece ao público unha experiencia apaixonante, sensacional, onde a provocación é unha linguaxe e non un propósito.
Leo Bassi, o maior bufón dos nosos tempos
Hai seis xeracións, un devanceiro de Leo Bassi loitou á beira de Garibaldi antes de crear un dos primeiros circos modernos da Toscana. Pola outra beira familiar, co auxe do vaudeville, o seu avó británico, Jimmy Wheeler, era unha das estrelas do London Palladium antes de ser pioneiro en televisión nos primeiros anos da BBC. Bassi, máis aló de continuar coa tradición familiar, salvagarda un propósito: manter vivo o espírito provocador que caracterizaba o selo dos Bassi. Porque Leo é un bufón, un home comprometido que considera que o pallaso ha de mirar directamente ao poder, mofarse del e denuncialo mediante a risa. A provocación é unha ferramenta do compromiso para este italiano que debutou con sete anos en Australia. Aos 23 iniciou a súa carreira en solitario, creando os seus propios espectáculos e converténdose, co paso dos anos, nun dos clown máis coñecidos do mundo.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



