Xove, 13-1-2017. Xove acollerá unha feira empresarial os días 11 e 12 de febreiro. Está organizada pola Aciam coa colaboración do Concello e denomínase Agora Xove. O obxectivo deste evento, que se celebrará nunha carpa instalada na praza do Concello e no pavillón contiguo, pasa por “fomentar o consumo no tecido empresarial xovense tanto entre os seus propios habitantes como entre os seus visitantes, potenciar o compromiso da asociación de comerciantes co crecemento e consolidación do sector na localidade, e poñer no mapa como lugar empresarial destacado a Xove, tanto na Mariña como no resto da provincia”.
Máis de 50 empresas confirmaron a súa participación en Agora Xove. Desde a Aciam están ultimando os detalles ao longo destas semanas previas. Os días 11 e 12 de febreiro haberá actividades paralelas á feira como degustacións gastronómicas, demostracións, talleres, etc… O evento finalizará o domingo “cun gran desfile da man da empresa de moda Catycris”.
Desde Aciam Xove sinalan que “estamos ante el momento de poner a nuestras empresas en el lugar en el que deben estar. Pensamos que la organización de este evento nos ayudará a conseguirlo. Queremos empezar poco a poco en este 2017 para convertir Agora Xove en la gran cita empresarial de la Mariña lucense”.