Foz, 12 de xaneiro de 2017. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, intenta avanzar no consenso cos grupos da oposición para aprobación do orzamento municipal deste ano presentándolles un documento con 11 propostas. Foi nunha reunión da xunta de portavoces celebrada onte, mércores.
O rexedor municipal explicou hoxe: “tivemos a terceira xunta de portavoces respecto aos orzamentos deste ano 2017 e basicamente os grupos da oposición (PSOE, Foz Plataforma de Futuro e BNG) explicaron as súas propostas; PSOE e Plataforma presentáronas por escrito e BNG redundou nas que fixo na anterior reunión de portavoces. Esas propostas son as coñecidas e o que fixo o equipo de goberno, sabendo xa cales eran pois eran públicas, foi tratar de presentar unha proposta elaborada que consensúe gran parte das medidas que piden os grupos da oposición e xa valoradas”.
Javier Castiñeira detallou que “en concreto son 11 as aceptacións que o equipo de goberno realiza na súa proposta para cambiar ese borrador inicial do orzamento. O punto primeiro é reducir, dentro do Plan Verán, a contratación externa. Neste plan con un total de 220.000 euros, dos que a contratación externa chegaba aos 145.000 euros ese apartado pasa agora a 110.000 euros, o cal nos fai ampliar o peso do plan de emprego dentro do Plan Verán. O plan de emprego, que estaba en 140.000 euros, pasa a estar valorado en 175.000 euros, polo que son 35.000 euros máis. A segunda medida era esta mesma, a de ampliar o plan de emprego”.
Castiñeira continuou dicindo que “a terceira medida sería algo no que insistiu moito o Partido Socialista: avanzar no proxecto técnico de execución das rúas do Cemiterio e do Pilar. Para o PSOE son básicas estas propostas pero non se pode facer unha obra se non existe un proxecto técnico. Son dúas actuacións bastante complexas, sobre todo á da rúa do Pilar, na que se necesita salvar un desnivel moi importante, hai expropiacións e cesións de terreos de particulares. O que propón o equipo de goberno é empezar a casa polos cementos e neste caso elaborar o proxecto técnico de execución de ámbalas dúas rúas. Para o da rúa do Cemiterio necesitamos arredor duns 10.000 euros e para a rúa do Pilar, que é un pouquiño maior, arredor duns 15.000 euros para a contratación dos técnicos que elaboren ese proxecto”.
O alcalde de Foz engadiu que “o punto catro, no que incidían tamén Plataforma e PSOE, é dotar con 100.000 euros a nova canceira municipal, da cal está feito xa o proxecto e polo tanto hai que facer unhas canceiras coa maior parte de extensión posible e tratando de que cumpran coas necesidades que nos solicita a protectora de animais que colabora co Concello. O punto quinto xa foi o ano pasado, é a senda de Cangas. O proxecto está realizado tamén e a partir de agora pódese licitar xa. Esta valorada dentro do proxecto en 86.000 euros, que irían dentro desta proposta”.
Javier Castiñeira manifestou tamén que “no capítulo de festas os grupos entendían que a proposta que se facía para este ano 2017 era moi alta, aínda que entenden tamén que a do 2016 era baixa. Nós propoñemos baixar a proposta inicial de 135.000 euros a 120.000 euros, aínda que consideramos que vai quedar moi escasa porque o ciclo de ocio e de festas que ten o noso concello é un soporte turístico importante e non se pode frivolizar con esta cantidade”.
O alcalde de Foz declarou ademais que “o punto sete, tamén a petición do Partido Socialista, é para promover a natalidade no noso concello con 12.000 euros para tratar de que as parellas, sobre todo as que teñen circunstancias económicas difíciles, poidan ter algún tipo de subvención económica por nacemento de nenos e así promover a natalidade no noso concello”.
Castiñeira seguiu dicindo que “a proposta de Foz Plataforma de Futuro para dotar dúas prazas públicas do concello con wi fi gratis inclúense 10.000 euros para esa petición. A proposta número nove é de obras, por 50.000 euros, nos edificios do centro social e da escola infantil Galiña Azul, que teñen filtracións por humidades nas súas fachadas. Tamén se contempla o aumento das subvencións, sobre todo ás asociacións culturais. Isto lévanos a incrementar esta partida en arredor duns 6.200 euros, a razón de 200 euros máis por cada colecitvo. Outra aposta que se fai pola cultura, neste caso pola música de calidade, é a creación do primeiro concurso Bal y Gay para músicos de clarinete cunha dotación de 5.000 euros”.
O rexedor de Foz engadiu que “a petición do BNG, contémplase contratar unha consultoría que nos faga unha taxación do solar que está diante da Casa da Cultura e que é do Sareb. Necesitamos saber a súa valoración porque o Concello está interesado en entrar á puxa dese solar, porque entendemos todos, creo que por unanimidade, que é un solar estratéxico polo que o Concello debe interesarse, pero antes de facer ningún tipo de compra debemos estar nas mans dalgún experto que nos faga a valoración do que pode custar ese solar a día de hoxe. Polo tanto van 15.000 euros para esa contratación dunha consultoría de cara a iniciar os trámites de compra do solar que hai diante da Casa da Cultura”.
Javier Castiñeira subliñou que “desde grupo de goberno consideramos que estas once propostas son consensuadas e atenden á maior parte das peticións, aínda que loxicamente non todas as que fan os grupos. Pero creo que todos nos vemos representados nestes orzamentos, incluído o grupo de goberno, e desde logo é un documento xa moi aproximado ao que se vai presentar no pleno que entendemos que pode celebrarse no mes de febreiro”.























Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



