Foz a 31de Xaneiro de 2017. O grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro” satisfeito pola aprobación das tres mocións do último pleno e por axudar a conseguir que se aproben puntos tan importantes como o regulamento da escola de música e unha exposición pública do proxecto da obra da Avenida Álvaro Cunqueiro de Foz.
As nosas mocións aprobadas foron:
-Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a colaborar na construción dunhas ramplas de acceso aos cemiterios de Santa Cilla.
-Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a facer as xestións necesarias para corrixir as deficiencias na iluminación da estrada N-642.
-Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a facer as xestións necesarias para facer analíticas da auga das fontes públicas e facelas públicas no concello.
Este pasado xoves 26, ven de celebrarse o pleno da Corporación Municipal do mes de xaneiro do Concello de Foz.
-No punto número 2 da orde do día, proposta da Alcaldía “Ratificación da adxudicación da operación de préstamo a longo prazo” para financiar a obra da Avda. Álvaro Cunqueiro. FPF votou a favor, xa que este crédito vai destinado a todo aquelo que FPF solicitou, que se incluíra no proxecto, como a renovación do saneamento, renovación da rede de auga actual, colocación da rede de augas pluviais que esta rúa non ten, así como tamén a construción de novos aparcadoiros. Entendemos que nunha obra que se vai gastar esta cantidade de diñeiro tan importante se debe facer todas estas melloras para que non haxa que volver a facer obra ningunha nesa rúa durante moitos anos.
Así mesmo lle volvemos a pedir ó Alcalde e o seu Equipo de Goberno que fagan unha exposición pública deste proxecto para que os veciños poidan velo e facer as súas aportacións. FPF temos no noso poder un informe do Secretario Municipal no que claramente manifesta que é necesario facer esa exposición pública a cal se comprometeu o sr. Alcalde a facer.
-No punto número 3 da orde do día, proposta da Alcaldía “Regulamento da escola municipal de música. Aprobación inicial” o Grupo Municipal de FPF votou a favor. Consideramos que este regulamento é un logro do equipo docente e da ANPA da escola así como de toda a oposición que xuntos solicitamos un pleno extraordinario para que se aprobase que a escola de música de Foz ampliase as súas horas de clase e se aprobara un regulamento de funcionamento. Si non fose así posiblemente hoxe non tivésemos este regulamento enriba da mesa para ser aprobado. FPF estará vixiante para que se cumpran os prazos que marca este regulamento e que no vindeiro curso as clases poidan comezar a principios de outubro e non en novembro, como de costume. Tamén estaremos vixiantes para que o profesorado se contrate en tempo e forma para que as clases comecen en outubro. Así mesmo volvemos a solicitar o sr. alcalde a creación da comisión de seguimento da escola de música, aprobada naquel pleno extraordinario e inquirímolo a que no vindeiro pleno traia unha proposta para formar esta comisión.
-No punto número 8 da Orde do día figuraba a “Creación de comisión de seguimento da construción da depuradora”. Para este punto traíase un acordo da comisión de preparación de pleno para que a composición desta comisión fose como sigue:
o Un membro por cada partido político da corporación.
o Un membro da asociación de veciños de Forxán.
o Un membro da asociación de veciños de Fazouro e
o Un membro da asociación de veciños o Castro de Foz.
Antes de comezar o pleno preséntanse ante nos varios representantes da asociación de veciños “San Gonzalo” de Forxán solicitando a inclusión do seu representante nesta comisión.
Despois do debate sobre quen debe estar nesta comisión ou non, FPF apoia a proposta de que estea representada nesta comisión toda asociación de veciños de Forxán que estea rexistrada e que solicite a súa inclusión en dita comisión.
FPF e un claro defensor da participación cidadá e de dar voz a todo colectivo que estea afectado por algunha decisión importante para os veciños. Polo tanto queda aprobada a inclusión tamén nesta comisión de seguimento da construción da depuradora a Asociación de veciños San Gonzalo de Forxán, cos votos favorables de FPF e PSOE e a abstención de PP e BNG.
Sinalar que neste punto soamente exerceu o dereito a voto o concelleiro Juan Luís González Riveiro, posto que Luís Alfonso Sixto Legaspi non estivo presente neste pleno por motivos persoais e María Peña Rubiños ausentouse neste punto e mais no punto 13 por vinculación indirecta.
-No punto número 9 da orde do día figuraba a proposta de FPF para “instar ó equipo de goberno do concello de Foz a colaborar na construción de ramplas de acceso aos cemiterios de Santa Cilla”. Esta moción foi aprobada por todos os grupos agás BNG que se abstivo.
-No punto número 10 da orde do día figuraba a proposta de FPF para instar ó equipo de goberno do concello de Foz para corrixir as deficiencias na iluminación da estrada N-642”. Esta moción foi aprobada por unanimidade.
-No punto 11 da orde do día figuraba a proposta de FPF para “instar o equipo de goberno do concello de Foz facer as xestións necesarias para facer analíticas das augas das fontes públicas e que sexan publicados os resultados”. Esta moción foi aprobada por todos os grupos agás BNG que se abstivo.
Nos demais puntos presentados polo resto da oposición, compre sinalar que apoiamos con firmeza a moción na que se solicita un mellor funcionamento do centro de saúde, cabe recordar que na primeira semana de xaneiro, FPF postulouse publicamente denunciando gravísimas carencias que estaba a sufrir o noso centro de saúde, poucos dias despois, segundo testemuño do sr. Alcalde, cóbrense 2 baixas de médicos titulares, pero inda non estamos satisfeitos e no pleno lembrámoslle que se poña mans a obra e incidimos que e moi necesario e urxente cubrir as horas nas que falta a pediatra, posto que esta ultima ten reducida a súa xornada.