Viveiro 14-1-17. Unha vez máis a Sra. Loureiro e o seu equipo de goberno mostran a súa torpeza política e a súa falta de respeto institucional – ese que sempre reclaman para eles pero que non practican cos demáis – e dan a espantada por resposta negándose a representar ós veciños de Viveiro no acto de inauguración do tramo da VAP Area – Beltrán e o que foran invitados pola Xunta de Galicia.
Para o PP de Viveiro esta ausencia, baixo o infundado pretexto de “abandono” por parte da Xunta , parecenos un feito grave e que demostra unha miopía política importante – outros alcaldes socialistas si acudiron -, ainda que xa non nos resulta sorprendente esta actitude infantiloide e de enfrontamento permanente coa Xunta de Galicia nun intento de ocultar a escasa xestión da nosa Rexidora.
É certo que en Viveiro se precisan moitas cousas, cousas que dende o 2003 que gobernan os socialistas non quixeron ou non souberon resolver , a pesares de contar cun goberno bipartito Psoe – BNG na Xunta entre o 2005 e 2009 e sete anos de goberno socialista en Madrid (2004-2011). Así trece anos despois de desgoberno socialista máis naconalistas nalgunhas épocas, Viveiro sigue sin resolver algunhas das súas grandes eivas: seguimos sin PXOM – e iso que o Alcalde anterior xa falaba de telo listo antes do 2007 -, seguimos sin variante gracias a que se rechazaron ata cinco proxectos de trazado diferentes, seguimos sin completar a apertura de Viveiro ó mar – aínda que aló polo 2009 algún xa o daba por feito -, seguimos con saneamentos deficientes ou inexistentes en moitas parroquias, seguimos con constantes roturas de auga que privan os veciños dun ben de primeira necesidade en numerosas ocasións, temos unha débeda de gasto que sobrepasa os doce millóns de euros – a pesares de ter manexado nestes 13 anos uns ingresos por riba dos 168 millóns de euros -, temos en definitiva un concello paralizado pola falta de xestión de quen nos goberna, e así seguiremos si persiste nestas actitudes de “niña enfadada”.
Dende o PP de Viveiro cremos cegamente na negociación, no diálogo , no respeto e a lealdade institucional por riba de colores políticos, estamos convencidos que é o modo e a maneira de tratar de resolver os asuntos pendientes do noso Concello. É certo que todo isto implica traballo e dedicación algo do que adolece a Sra. Loureiro.
Decir que a Xunta non invirte en Viveiro é sinxelamente un brindis ó sol ou dicir algo por non estar calada, as cifras son frías pero moi clarificadoras, asi no ano 2016 a Xunta invertiu en Viveiro máis de 4.200.000 euros, dos que 2,6 millóns corresponden a políticas sociais, ó sostemento das 238 prazas existentes no noso Concello nos centros que atenden a persoas dependientes ou con necesidades especiais – Geriatros, Aspanane, Cruz Vermella -. Por certo cando acudiu a nosa localidade o novo Delegado Territorial da Xunta a facer unha visita a estes centros , a Sra. Alcaldesa tampouco se dignou a acompañalo – unha proba máis de como practica o respeto institucional -. Non hai que esquecer tampouco no capítulo de inversións, que o sete de setembro do 2016 se asinaba un convenio entre o Concello e a Consellería de Medio ambiente por un valor de 3 millóns de euros para a mellora da red de saneamento de Celeiro e a EDAR de Viveiro.
Sin dúbida estas cifras poderían ser moito meirandes se o Concello non deixase escapar unha tras outra disitintas subvencións, como ocurriu cos obradoiros de emprego, onde os do 2015 non os pediu e onde perdeu os do 2016 por non aportar a documentación requerida dende a Xunta para completar os expedientes – a pesares desta circuntancia a nosa Alcadesa non tivo reparos en sair en distintos medios pedindolle explicacións a Xunta de por que non se lle habían concedido o noso Concello -.
Tampouco nos explicamos como é posible que non solicitasen un axente de emprego, que complementaría perfectamente a labor do orientador laboral que xa temos – e que por certo tamén sufraga o seu custe a Xunta de Galicia -. Todos os Concellos que solicitaron este axente á Consellería de Economía, emprego e Industria se lles concedeu en prol de mellorar e favorecer as iniciativas de emprego no eido local. En definitiva, estas non son máis que algunhas mostras da pouca capacidade de xestión da Alcaldesa que pretende agochala atacando inexplicablemente a Administración Autonómica.
O PP de Viveiro non quere que a Xunta lle de a Viveiro máis ca ninguén, pero tampouco menos do que lle corresponde, por iso non permitiríamos que isto acontecese e de feito, tal e como corroboran as cifras xa indicadas, non acontece. Imos a pedirlle unha vez máis á Sra. Alcaldesa que abandone esta senda infructuosa para Viveiro, que tome nota da política de man tendida do Presidente Feijoo e se adique a xestionar con respeto, con rigor e con gañas, que cambie esta política de trincheras e desplantes por unha política constructiva e de diálogo permanente coa Xunta de Galicia, seguro que asi se acadarán moitos obxetivos beneficiosos para a vida dos veciños e veciñas de Viveiro.


















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



