Burela 14-1-17. O Pescados Rubén Burela iniciou o partido con presión en tres cuartos de cancha ante un Penya Esplugues Gironella que optaba de inicio por esperar en cancha propia as acometidas visitantes. Co paso dos minutos as lucenses, que intentaran sorprender con disparos de media distancia, optaban por atrasar a súa presión a metade de cancha. Nun roubo de balón en cancha propia, Berta Velasco gañaba liña de fondo polo á esquerda e poñía o balón ao corazón do área para que Pilar anotase o 1 a 0. Pouco despois nun novo roubo Berta Velasco plantábase ante Jozi nunha dobre ocasión para as locais. O empate chegaba a catro minutos do descanso obra de Dany en xogada de estratexia á saída dunha falta, con disparo dentro do área ao segundo pau. A tres minutos da conclusión as galegas optaban polo xogo de cinco para voltear o luminoso, pero sen consecuencias.
Na segunda parte, tras uns primeiros compases de dominio infrutuoso lucense, o Pescados Rubén Burela optaba de novo por volver situarse sobre a cancha co xogo de cinco co fin de buscar espacios no bo facer defensivo das catalás. As burelesas alternaban en ocasións o xogo de cinco, pero malia os seus achegamento de perigo non culminaban a remontada que tanto buscaban, ante un conxunto catalán que á contra seguía creando moito perigo. A pouco máis de catro minutos da conclusión, nunha xogada en estático co xogo de cinco, o Burela poñía o 1 a 2 con gol dentro do área de Lara remachando un disparo desde fóra do área de Cilene.
Co 1 a 2, Robert Caneda técnico local optaba polo xogo de cinco con Laura Oliva como porteira xogadora. Esta aposta das locais convertía o tramo final do partido nun auténtico ida e volta, cun Burela intentando xa contemporizar as súas posesións e tratando de matar o partido á contra. O choque, con todo, a pesar do empuxe catalán, finalizaba coa exigua vitoria visitante por 1 a 2.
Gironella: Raquel; Berta Velasco, Alicerce, Zoe e Celia (quinteto inicial). Tamén xogaron, Noe, Marta, Berta Ramos, Sandra, Helena Roig, Julia Vidal e Laura.
Pescados Rubén Burela: Jozi; Dany, Lara, Bea Mateos e Cilene (quinteto inicial). Tamén xogaron, Silvia, Shiori, Sofía e Elvira.
Goles: 1-0, m.9, Pilar; 1-1, m.16, Dany; 1-2, m.35, Lara.
Colegiados: Óscar Núñez e Roberto Vigeriego. Sen amonestaciones.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 14 de Primeira División. Disputado en Lles Moreres. Máis de 100 espectadores.




















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
