Foi impartida por Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, que estivo acompañado polo alcalde, Alfredo Llano. O rexedor contou que “foron moitas as persoas que se achegaron a escoitar ao noso convidado ao que lle plantexaron todas as consultas e dúbidas que consideraron necesarias. Está claro que en Burela hai moita preocupación polas denominadas cláusulas chan e nós desde o Concello quixemos estar a carón dos nosos veciños e veciñas unha vez máis”.
