Ribadeo, 11 de febrero de 2017. A galería ribadense Terra Branca vén de ampliar o seu Bijoux Space, debido á boa acollida experimentada nos últimos meses entre a súa clientela.
O propietario da firma, José Ramón Leal, explica que “en Terra Branca hemos ampliado nuestro espacio dedicado a los complementos de artesanía y joyería, debido a la buena acogida que hemos experimentado durante el pasado año”.
E destaca que “la propuesta del nuevo Bijoux Space ofrece un entorno relajante dentro de un ambiente chill out. La luz blanca enmarca los preciosos conjuntos de orfebrería hecha a mano por artistas de esta tierra. Con un, también nuevo, coffe corner con el que queremos hacer más grata la visita a quien nos quiera acompañar”.
José Ramón Leal pensa que “las obras que ofrecemos en Terra Branca no solo decoran nuestro hogar, también el arte sirve para vestirse de él en este nuevo espacio. Ahora que estamos en San Valentín es un buen momento para visitar nuestro Bijoux Space y elegir algún regalo con el que sorprender”.
San Valentín
Terra Branca mantén aberta a presentación de traballos á terceira edición do concurso de Cartas de Amor.
José Ramón Leal recorda que “el premio será una magnífica figura del ceramista Otero Regal, y el jurado cuenta este año con el inestimable asesoramiento profesional del poeta Paco Rivas”. O xurado estará formado por Mini López-Santos Santiago e José Ramón Leal. A carta premiada será lida en varias emisoras de radio da comarca, e publicada nas redes sociais de Terra Branca.
Os traballos deben enviarse por correo postal ou electrónico con todos os datos do autor, o entregarse directamente antes do 14 de febreiro en Terra Branca, na Avenida de Galicia 8 – 27.700 Ribadeo. O correo electrónico é galeriaterrabranca@gmail.com
Ás dúas anteriores edicións do concurso de Cartas de Amor de Terra Branca presentáronse traballos chegados desde diferentes puntos do estado e do estranxeiro.




















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).