Este santuario acolle a tradicional romaría das Cruces desde que no ano 1809, arredor do mesmo, tivera lugar a batalla de Arante.
A Delegación territorial da Xunta está a disposición de todos os colectivos para colaborar e presentar o seu asesoramento técnico para coñecer os trámites que deben seguir co obxectivo de acadar a súa declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia. De feito, a responsable da área provincial de Turismo trasladouse alí a petición do colectivo impulsor da Romaría das Cruces.
