Burela, 13 de marzo de 2017. Esta mañá deron comezo os traballos de repintado da sinalización horizontal na rúa Eijo Garay, en Burela, tal e como estaba previsto e como anunciara a semana pasada o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey. A obra está incluída no POS do pasado ano e suporá un investimento duns 45.000 euros.
O edil socialista contou que “estes traballos seguirán tamén durante a tarde en Eijo Garay e mañá continuarán por Rosalía de Castro, polo que xa lles pedimos aos veciños que non aparquen nesa zona desde cedo na xornada do martes. Estas tarefas de repintado da sinalización horizontal van estar moi condicionadas polo tempo que teñamos estes días”.
Ramiro Fernández Rey sinalou que “logo seguirán por Pardo Bazán e por outras rúas céntricas de Burela para estenderse despois a outros puntos da localidade. Vanse pintar os pasos de peóns, as prazas de aparcamento e as zonas de carga e descarga, entre outras. Haberá momentos nos que se teñan que pechar ao tráfico rodado as rúas nas que se estea a actuar, polo que xa pedimos desculpas de antemán polas molestias que se poidan ocasionar”.
O concelleiro de Obras pide que “se faga caso á sinalización vertical e informativa que atoparán nas rúas afectadas para que a ninguén lle collan por sorpresa estas obras”.
Fernández Rey supervisou esta mañá os traballos iniciados na rúa Eijo Garay.


















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



