Alfoz 2-3-17. O pasado luns 27 de febreiro celebrouse unha reunión nas oficinas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar na que participaron Perfecto Rodríguez Muíños, xerente do ente público, e Xabier Pardiñas Suárez, Tenente Alcalde do Concello de Alfoz. No encontro, celebrado a petición do concello, tratáronse temas relacionados cos servizos que o Consorcio presta en Alfoz, tanto na Escola Infantil como na Vivenda Comunitaria.
No referente á Escola Infantil estudouse a liquidación da achega pendente do convenio para a construción da Escola Infantil de Alfoz, polo que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar solicita ao Concello de Alfoz o pagamento de 20.151,22 €. Ante as discrepancias relativas á cantidade adebedada, o xerente do consorcio comprometeuse a realizar unha nova liquidación, tendo en conta que, se ben o convenio establece que o Concello asumirá o 5% dos gastos, debe aclararse se dita cantidade se refire ao presuposto do proxecto (312.237,76 €) ou ao custe total de obra (403.024,33 €), no que se inclúen partidas non recollidas no proxecto. Ademais, na liquidación, teranse en conta aqueles gastos anteriores á sinatura do convenio de xestión da escola que foron asumidos polo Concello de Alfoz.
Por outra parte Xabier Pardiñas solicitoulle ao Consorcio o aumento dos servizos da Escola Infantil de Alfoz, transmitíndolle ao Xerente as peticións dos usuarios segundo a reunión mantida o pasado 13 de febreiro na que participaron os pais de nenos e nenas de 0 a 3 anos do concello ademais de Carmen Geada, Concelleira de Igualdade e Benestar, e o propio Tenente Alcalde. As peticións achegadas referíronse fundamentalmente á ampliación do horario da escola e á posta en marcha do servizo de comedor. Na actualidade a escola conta con 12 usuarios aínda que, segundo apunta Pardiñas, “algúns usuarios vanse a escolas de municipios limítrofes polas carencias de horario e servizo de comedor”, e recordou que o problema da lugar a un círculo vicioso xa que “os usuarios non van porque non hai servizos, e non hai servizos porque os usuarios non van”. Neste sentido Perfecto Rodriguez comprometeuse a estudar esta problemática coa intención de ampliar os servizos no vindeiro curso.
Por outra parte, tamén debateron sobre a Vivenda Comunitaria, igualmente dependente do Consorcio. Referente a este servizo, confirmouse que as cantidades requiridas ao Concello de Alfoz, correspondentes á liquidación dos exercicios 2012 e 2013, por importe de 56.599,61 €, serán asumidas polo Consorcio, así como os posteriores gastos de funcionamento. Neste sentido estase á espera da sinatura dun acordo que recolla as novas condicións. Con respecto a isto último, Xabier Pardiñas recordou de novo que a Vivenda Comunitaria “non está satisfacendo as necesidades dos maiores de Alfoz”, xa que no momento actual non hai ningún usuario do Concello, manifestando que “un Centro de Día daría maior servizo ás nosas familias”. Por parte do Consorcio terase en conta esta petición coa intención de estudar a viabilidade dun Centro de Día xestionado polo ente público ou ben poñer de novo as instalacións a disposición do Concello para poder concesionar o servizo con unha empresa que garanta o servizo aos usuarios do Concello de Alfoz.
Na reunión Xabier Pardiñas convidou a Perfecto Rodriguez a visitar o Alfoz coa intención de que coñeza de primeira man as necesidades do concello.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



