Este xoves, 23 de marzo, ás 20:00 horas, vai ter lugar na Sala de Exposicións do MPLugo o acto de inauguración da exposición “Marexada de cores” con obras do artista do Valadouro, Hipólito Xeada. Esta mostra poderá visitarse no horario habitual do MPLugo ata o 14 de maio.
Este acto contará coa presenza de Pilar García Porto, deputada de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico Deseño, Artesanía e Educación da Deputación de Lugo, de Encarna Lago, xerente da Rede Museística, Aurelia Balseiro, directora do MPLugo e de Hipólito Xeada.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



